martes, 4 de octubre de 2011

Paseos de Outono

Domingo, 16 de octubre a las 9:30 - 06 de noviembre a las 18:30

Aula da Natureza do río Miño

A finalidade da actividade é educativo-cultural. Constará na realizacíon a pé de tres rutas previamante seleccionadas. Na elección teranse en conta factores ambientales, paixasísticos e culturais. Tamén se terá en conta que o percorrido das rutas sexa o máis asequble posible para os participantes. Os paseos serán realizadas de xeito tranquilo e relaxado procurando que os participantes disfruten do entorno e se identifiquen con... el


Obxetivos:

Achegar as persoas participantes aso coñecemento e disfute do entorno natural, paisaxístico e cultural de distintos lugares da provincia
Fomentar hábitos e comportamientos respetuoso co entorno
Fevorecer relacións de amizade e camaradería entre os participantes.
Distinatarios: Preferentemente persoas maiores de idade, amantes da natureza, arte, cultura e aficionados a fotografia(maximo 15 persoas)

Temporalización: As saídas e chegadas desde o Parque de S. Lazaro e Aula da Natureza do río Miño.

Horarios aprox. :

Saída: 09,30h.

Regreso: 18,30h.

Datas

Pista do Marroquí 16/10/2011: desde Toro ata Correchouso (Laza). Ruta situada no sur do Macizo Central ourensán, realizada para dar servizo ás obras de construción do túnel para o ferrocarril. De gran valor xeomorfolóxico. Distancia 10 Km. Dificultade media-baixa.
Canón do Sil 23/10/2011: O recorrido comeza entre os viñedos da denominación Ribeira Sacra, segue en sentido descendente a media ladeira pola marxe esquerda do canón do Sil e remata entre a impresionante fraga da desembocadura do río Mao. Distancia 8,5 Km. Dificultade media-baixa.
Umoso (Viana do Bolo)06/11/2011. Entre Seoane de Arriba e o santuario do Pai Eterno. Área situada dentro das gargantas do río Bibei, que forma parte do Lugar de Interese Comunitario (LIC) de Pena Trevinca, nunha das zonas máis espectaculares do outono ourensán, onde destacan as cores dos soutos, as reboleiras e os freixos. Distancia 5,5 Km. Dificultade media. Parada tamén nas Borreas de Caldesiños, unha antiga explotación romana de ouro na que seguían a mesma técnica que en Las Médulas, pero de menor extensión.

As rutas realizaranse de xeito tranquilo e relaxado favorecendo o disfrute da paisaxe e o contacto coa natureza.

Video informativo : http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=6293&corte=2009-03-04&hora=19%3A23%3A57&canle=tvg

Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño

Telefono: 988510781 / 988388136

Correo electronico: aulanatureza@ourense.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario