CASTAÑO, A HISTORIA DE OURENSE / Centros educativos e distintos colectivos.
Data inicio: 01/02/2012 Data fin: 10/02/2012
Esta actividade constará dunha parte teórica e outra práctica.
1.º ACTIVIDADE. 60 minutos
Conferencias a cargo dun experto que exporá as características máis salientables destes produtos gastronómicos, a súa importancia ao longo da historia e os distintos usos que lles podemos dar e as distintas formas de cociñalos.
Obxectivos:
•O castiñeiro: A árbore, a súa madeira e usos.
•Dar a coñecer a importancia histórica destes produtos gastronómicos para a nosa cidade.
•Aprender distintas formas de manipulalos.
•Importancia económica
•O seu futuro
•O árbore en si
•O seu froito
2.º ACTIVIDADE. 100 minutos
Cestería tradicional do Castiñeiro.
Despois dos anos 60, o abandono das aldeas e como consecuencia as formas de vida rurais fan cambalear todas as artes tradicionais. A cestería cae no esquecemento, facendo a xente cada vez máis dependente dos cartos e inútil para fabricar utensilios ou ferramentas coas súas mans. De aí xorde o interese por este obradoiro de cestería en castañeiro para que as súas técnicas e trenzados permanezan entre nós e poidamos ser os novos herdeiros dun coñecemento ancestral.
Obxectivos:
•Descubrir e aprender as técnicas de entrelazado de fibras vexetais flexibles como é a medula de castiñeiro.
•O alumno verá como se fan as cestas e cestos de castiñeiro, como antano os cesteiros do norte de España.
•Ao finalizar, o alumno terá confeccionado coas súas mans un peixe de vimbio que levará para a súa casa.
Programa:
+ O castiñeiro: A árbore, a súa madeira e usos.
+ Técnicas de trenzado.
+ Técnicas de peche.
+ Cestería tradicional de castiñeiro.
1.º SESIÓN: Presentación e explicación do uso do material e do traballo que se desenvolverá. Comezo do traballo.
2.ª SESIÓN: Traballo práctico.
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Dirixido: Centros educativos.
Grupos: Non superior a 25 persoas
Periodización: 1 ao 10 do febreiro do 2012
Horario: de 10:00 a 13:00
Duración: 150 minutos
Achegas da Concellería de Educación: Transporte os centros do Concello de Ourense
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario