lunes, 27 de febrero de 2012

ACTIVIDAD APLAZADA /PESCA SEN MORTE

ACTIVIDAD APLAZADA POR MOTIVOS TÉCNICOS XORNADAS DE PESCA SEN MORTE / Fin de semana
Data inicio: 10/03/2012 Data fin: 11/03/2012

Desde a Concellería de Educación do Concello de Ourense organízanse unhas xornadas infantís de pesca sen morte na Aula da natureza do río Miño. Descrición: Conxunto de charlas nas que se explicará a teoría, o material necesario, as distintas técnicas de pesca, os distintos cebos, ... para pasar logo a realizar as prácticas de pesca.

Obxectivos:
•Converterse nun pescador responsable,
•Respectar as medidas
•Concienciarse de que os peixes pequenos deben retornar ao río.



 Programa do curso: 
 Sábado 10 de marzo de 2012 de 10:00 a 13:00
Modulo de coñecemento e conservación do medio acuático incluirá os seguintes aspectos:
Ecosistemas acuáticos de interese para o pescador.
O medio físico e biótico. Principais ecosistemas acuáticos existentes en Galicia.
Os peixes de Galicia.
 Os peixes do Miño A vexetación acuática e a vexetación de ribeira.
Problemas de conservación dos ríos A normativa de pesca.
Requisitos para a pesca.
Licenza e permisos.
As autoridades implicadas na vixilancia do medio acuático
Necesidade da pesca recreativa sostible.
Actitude do pescador responsable.
A necesidade da pesca sen morte nalgúns tramos.
Outros usuarios do río Os diferentes tramos da pesca: augas libres, coutos, vedados, escenarios deportivo-sociais, tramos libres e morte, augas en réxime especial.



Sábado 10 de marzo do 2012 de 16:00 a 19:00
Módulo de aprendizaxe e práctica da pesca incluirá os seguintes aspectos:
Modalidades de pesca.
Artes de pesca cebos, aparellos e reclamos
A cana e as súas partes. Tipos de cana.
 Medios auxiliares Indumentaria e útiles do pescador .
 Comportamento do pescador.
Medidas de seguridade propias e sen relación con outros usuarios do medio acuático e o seu contorno. Prácticas de lanzado.
A técnica de pesca sen morte.
Prácticas de pesca en estanque de iniciación.
Montaxe de moscas artificiais para pesca.

Domingo 11 de marzo do 2012 de 10:00 a 13:00
Módulo de aprendizaxe e práctica da pesca incluirá os seguintes aspectos:
Modalidades de pesca.
Artes de pesca cebos, aparellos e reclamos.
A cana e as súas partes.
Tipos de cana. Medios auxiliares. Indumentaria e útiles do pescador .
Comportamento do pescador.
Medidas de seguridade propias e sen relación con outros usuarios do medio acuático e o seu contorno. Prácticas de lanzado.
A técnica de pesca sen morte.
Prácticas de pesca en estanque de iniciación.
Montaxe de moscas artificiais para pesca.
Prácticas de pesca sen morte na piscina de Oira.

Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n.
Dirixido: Nenos/as de 8 a 13 anos.
Grupos: Non superior a 25 persoas.
Periodización: Sábado 10 e domingo 12 de marzo 2012.
Horario: de 10:00 a 13:00 ou de 16:00 a 19:00. Organiza: Concellería de Educación Colabora: Consellería do Medio Rural, Pavillón de Deportes, Federación Galega de Pesca.
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño.
Teléfono: 988510781 / 988388136
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

Nota: Permitirase ós medios de comunicación o acceso ás actividades organizadas por esta Concellería para a súa posterior difusión (prensa, programación das actividades, calendarios, carteis, dípticos,etc...)

http://www.youtube.com/watch?v=RZ8HT7py4tc

No hay comentarios:

Publicar un comentario