COÑECE A AULA DA NATUREZA DO RIO MIÑO / Centros Educativos
PRESENTACIÓN DA AULA
Esta é a Aula da Natureza do río Miño no seu curso medio ao seu paso pola cidade de Ourense O río Miño é o río máis grande de Galicia, é moi caudaloso e baña unha grande superficie do territorio galego. (Sáibase que nace na serra de Meira, no Pedregal de Irimia. O tramo de percorrido pola Terra Chá ata Lugo foi declarado pola UNESCO Reserva da Biosfera, en Ourense acomodase a unha depresión).
É importante concienciar á xente da importancia da conservación do medio e da directa implicación deste na nosa vida e saúde como parte integrante que somos del. O concepto básico empregado na procura deste obxectivo é o Desenvolvemento Sostible, presente en todas as actividades. Coñecer, gozar e defender o noso ambiente máis próximo son as liñas xerais que traballamos a través das distintas actividades realizadas.
A Aula da Natureza, situada no paseo fluvial de Oira, ofrece visitas guiadas onde, mediante paneis e diverso material informativo como maquetas e expositores, a xente que veña por aquí familiarízase co río Miño e co bosque de ribeira: aspectos naturais, patrimoniais, culturais e históricos relacionados co río ao seu paso pola nosa cidade.
A estas actividades poden asistir persoas de todas as idades tendo en conta que as explicacións se adaptarán aos diferentes niveis educativos dos participantes. Nas actividades cos escolares, o alumnas/o dividido en grupos realiza xogos (dentro e fóra) e itinerarios ambientais, dependendo das necesidades e/ou desexos dos participantes, así como das condicións meteorolóxicas.
Obxectivos:
1-Coñecer, gozar e defender o noso contorno natural: flora, fauna e aspectos culturais e históricos relacionados co medio, estendendo as posibilidades de uso ás actividades cotiás.
2-Gozar do contorno e comprender a oferta lúdica que representa, ademais de fomentar o respecto mutuo e a convivencia no desenvolvemento das actividades.
3-Posibilitar un comportamento cotián acorde coa postura de defensa e recuperación do equilibrio ecolóxico e da conservación do patrimonio natural e cultural.
4-Coñecer a importancia da auga para a vida, a saúde e o desenvolvemento.
5-Tomar conciencia do valor do noso e a importancia da súa conservación a favor do desenvolvemento sostible.
6-Descubrir a influencia do medio na saúde, entendida no seu concepto máis moderno e amplo como ”Estado de benestar físico, psíquico e social” segundo a OMS.
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Dirixido: Centros educativos
Grupos: 10 grupos, non superior a 25 persoas
Temporalización: Mes de marzo do 2012. A visita poderiase facer en outra epoca do ano, se aula non se apota ocupada
Horario: de 10:00 a 13:00
Duración: 100 MINUTOS
Achegas da Concelleria de Educacion: Transporte a centros educativos do Concello de Ourense.
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Telefono: 988510781
Correo electronico: aulanatureza@ourense.es
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario