A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
miércoles, 7 de marzo de 2012
ROTEIRRÍOS 2012. RASTROS E PEGADAS
CONVOCATORIAS:
ACTIVIDADES: CURSOS, SEMINARIOS, CAMPAÑAS, CONGRESOS :
GALICIA
ROTEIRRÍOS 2012. RASTROS E PEGADAS
http://www.proxectorios.org/index.php?option=com_content&task=view&id=263&Itemid=29
Contido: Este ano o programa Roteirríos está dedicado a coñecer e axudar á conservación da biodiversidade. Nos ecosistemas fluviais habitan numerosos organismos que rara vez podemos observar. Pero existen métodos para recoñecelos. Indicios como pelos, pegadas ou defecacións poden facilitarnos moita información sobre a súa bioloxía e distribución no caso de saber interpretalos. Para aprender a recoñecer estes sinais que deixan os vertebrados, o próximo sábado día 17 de marzo se realizará unha saída formativa pola contorna da Eira da Xoana (Ramil - Alto Ulla).
Lugar: Ramil - Alto Ulla.
Organizador: Adega e Proxecto Ríos.
Data de inscrición: Información: ramses@adega.info Teléfonos: 981 57 00 99 / 616 23 80 50.
Data de inicio: 17/03/2012
Data de fin: 17/03/2012
OUTRAS COMUNIDADES
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario