A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
viernes, 1 de junio de 2012
No Día do Medio Ambiente 2012
SAE Á RÚA POLA DEFENSA DOS NOSOS RÍOS E MONTES
Martes, 5 de xuño, ás 19:30 Praza Maior de Ourense
A Plataforma Rios Limpos, convócavos para saír á rúa en Ourense e facer con que esta data non pase desapercibida. A situación de maltrato continuado á que se están sometendo aos nosos ecosistemas, con vertidos continuados á maioría dos ríos da provincia e a queima constante dos nosos montes, todo elo agravado polo silencio sen vergoña dos responsables políticos a todos os niveis: concellos, Deputación, Xunta, Estado; obríganos á cidadanía a actuar.
A plataforma convídavos a participar nun acto reivindicativo e lúdico, no que faremos unhas pequenas representacións para visualizar problemáticas dos nosos ecosistemas; dende os vertidos permanentes aos ríos ourensás, pasando polos lumes continuos e constantes ata unha colmea de indignadas abellas que teñen que loitar contra o envelenamento que facilitan as administracións.
Ademais tamén teremos musiquiña, tanto percusión como cantareiras, para amenizar a xornada.
As/Os que queirades participar con disfraces ou con algunha das actividades dos diferentes grupos, convocámosvos ás 18:30 na Praza Maior para poder coordinarnos entre todas e todos, levaremos cintas de carroceiro para tunear abellas, algunhas antenas de sobra e, se da tempo, algunhas ás.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario