jueves, 23 de agosto de 2012

I Monográficos de Mostreo da Fauna Salvaxe

Sustinea convídavos a participar nos I Monográficos de Mostreo da Fauna Salvaxe incluídos dentro do programa do Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, que se celebrará no Espazo de Participación Ambiental Pena Corneira en pleno Monumento Natural de Pena Corneira.


Terán lugar durante tres fins de semana no mes de setembro, adicada cada unha delas a un grupo animal: ...
8-9 Setembro
 Detección e Identificación de Morcegos mediante sondeos acústicos e estacións de captura.
 Guiado por Sorex Ecoloxía e Medio ambiente S.L.

 22-23 Setembro
Técnicas de Mostreo de Mamíferos e Micromamíferos.
Guiado por Sorex Ecoloxía e Medio ambiente S.L.

29-30 Setembro
Estudio de Anfibios e Réptis de Galicia. Bioloxía e Conservación.
Guiado por Saramaganta Nestas xornadas daremos a coñecer de xeito práctico a actividade dos animais no seu propio medio á vez que aprendemos a observar con detemento escenarios, restos e indicios que deixan ao seu paso, aportando toda a información precisa para coñecer máis sobre a súa bioloxía e conservación.

Ademais ofertamos para o sábado pola noite, unha saída nocturna, a realización dun transecto para a identificación de carnívoros, anfibios, e morcegos, tanto visualmente coma por sinais indirectos (cantos).

Contidos dos Monográficos
• Saídas nocturnas
• Roteiros prácticos de identificación
• Obradoiros
• Usos de Novas tecnoloxías aplicadas ao estudo da fauna
• Inventario de fauna do Monumento Natural de Pena Corneira
• Técnicas de achegamento, conducta no rastrexo e observación da fauna
• Lectura dos rastros, interpretación de indicios e análise das escenas

PRAZAS LIMITADAS!!

Aloxamento e manutención incluídas
Prezo: Esta actividade é gratuíta, aínda que poderedes apoiar e colaborar a actividade de Sustinea facendo un donativo.
Información e reservas: info@sustinea.org
Tfno: 677 163 387

No hay comentarios:

Publicar un comentario