jueves, 18 de octubre de 2012

roteiro polo río Loña

Para o próximo sábado 20 de outubro, dende Amigos da Terra levaremos a cabo un roteiro polo río Loña na cidade de Ourense para coñecer o estado ecolóxico do mesmo e o seu contorno, ademais nos achegaremos ata o castro de San Tomé

A xornada dará comezo ás 10.00 horas dende a explanada da Policia Nacional no barrio de As Lagoas, rematando a actividade ás 14.00 horas.

Para participar nesta saída precisaredes levar comida-picnic, auga, calzado cómodo, e tamén recomendámosvos levar prismáticos,cámara de fotos, caderno de campo e lapis.

Animárvos e apuntárvos a camiñar este día connosco!

Para máis información e inscricións poñervos en contacto nos enderezos electrónicos:
voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
info@amigosdaterra.net
teléfonos: 988 374 318

Ángel Dorrío
Amigos da Terra Galicia - Membro de Friends of the Earth International
Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense
Tel. [+34] 988 374318
Fax. [+34] 988 511020
angel.dorrio@amigosdaterra.net
www.amigosdaterra.net





No hay comentarios:

Publicar un comentario