jueves, 22 de noviembre de 2012

DÍA DOS BOSQUES AUTÓCTONOS

DÍA DOS BOSQUES AUTÓCTONOS

Data inicio: 24/11/2012 Data fin: 24/11/2012

Descrición
No campo da interpretación ambiental, presentamos unhas rutas interpretativas na natureza  a bicicleta, coa finalidade dun maior coñecemento do medio a través da súa fauna, flora, paisaxes,etc., procurando ao tempo o divertimento dos participantes.

A actividade que presentamos é a denominada “Ruta ciclointerpretativa do río Miño”.



A actividade proposta consiste nun itinerario guiado en bicicleta, utilizando os camiños que percorren as marxes do río Miño na cidade de Ourense. Ao longo do percorrido realizaranse varias paradas explicativas e interpretativas onde os participantes poderán utilizar prismáticos e telescopios que se proporcionarán para a observación da fauna, especialmente das aves.

Saída desde Aula da natureza do río Miño ata Outariz pola marxe esquerda do río, seguiríase despois polo camiño a Untes ata o primeiro observatorio de aves -polo menos- e regreso cara á pasarela de Oira pola marxe dereita do río.

A duración aproximada do percorrido sería de 3 a 4 horas, unha mañá; e a época de realización, calquera é válida, aínda que a maior variedade de avifauna se dá no outono.

Obxectivos
  • Potenciar o uso da bicicleta como transporte alternativo e como medio de transporte nunha actividade de interpretación.
  • Fomentar o respecto pola natureza a través do seu coñecemento (neste caso, aspectos ligados ao río Miño como a súa flora, fauna, etc.)
  • Dedicar unha especial atención á rica variedade de aves presentes no contorno do río Miño e achegar o uso de instrumentos de observación como os prismáticos e os telescopios.

Destinatarios/as
Educación secundaria e bacharelato e adultos.
16 participantes por grupo.



Marterial
Contamos cun parque de 16 bicicletas tipo treking dotadas con cestas, portavultos e alforxas. Tamén se lle proporcionará a cada participante un casco e uns prismáticos,e 2 telescopios para a observación de aves.

Colabora
Conselleria de Medio Ambiente

Lugar de realización
Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Destinatarios/as
A persoas de todas as idades

Grupos
Non superior a 15 persoas

Temporalización
24 de novembro de 9:45 a 13:45h.





No hay comentarios:

Publicar un comentario