CONVOCATORIAS:
ACTIVIDADES: CURSOS, SEMINARIOS, CAMPAÑAS, CONGRESOS :
GALICIA
DESAFÍO SOLIDARIO: PLANTACIÓN DE 1000 ÁRBORES NA SERRA DE SAN MAMEDE
http://amigosdaterra.net/info/080513_adt/axenda?task=icalrepeat.detail&evid=502&year=2013&month=03&day=02&title=desafio-solidario-plantacion-de-1000-arbores-na-serra-de-san-mamede&uid=a7c1f544b33a13da5c0be7fec4cd533f
Contido: O vindeiro 2 de marzo, xuntarémonos para a plantación de 1000 árbores autóctonas nas proximidades de As Corcerizas, o obxectivo é repoboar 1 hectárea enteira de terreo. Dende Amigos da Terra propomos a maiores, unha vez rematada a plantación, facer un roteiro ata o alto da Serra para gozar da paisaxe invernal da montaña en boa compañía.
Lugar: Serra de San Mamede. Monte Comunal de Castro de Escuadro, proximidade de As Corcerizas.
Organizador: Amigos da Terra e As Corcerizas.
Data de inscrición: Confirmar asistencia no tf. 988 374 318.
Data de inicio: 02/03/2013
Data de fin: 02/03/2013

A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario