martes, 19 de febrero de 2013

XORNADAS DE PESCA SEN MORTE / Fin de semana


XORNADAS DE PESCA SEN MORTE / Fin de semana

Desde a Concellería de Educación do Concello de Ourense organízanse unhas xornadas infantís de pesca sen morte na Aula da natureza do río Miño.


Descrición: Conxunto de charlas nas que se explicará a teoría, o material necesario, as distintas técnicas de pesca, os distintos cebos, ... para pasar logo a realizar as prácticas de pesca.



Obxectivos:


Converterse nun pescador responsable,respectar as medidas

concienciarse de que os peixes pequenos deben retornar ao río

Programa do curso:
Sábado 9 de marzo de 2013 de 10:00 a 13:00
Modulo de coñecemento e conservación do medio acuático incluirá os seguintes aspectos:
Ecosistemas acuáticos de interese para o pescador. O medio físico e biótico. Principais ecosistemas acuáticos existentes en Galicia.
Os peixes de Galicia. Os peixes do Miño
A vexetación acuática e a vexetación de ribeira.
Problemas de conservación dos ríos
A normativa de pesca.
Requisitos para a pesca. Licenza e permisos. As autoridades implicadas na vixilancia do medio acuático

 Necesidade da pesca recreativa sostible. Actitude do pescador responsable.
A necesidade da pesca sen morte nalgúns tramos. Outros usuarios do río
Os diferentes tramos da pesca: augas libres, coutos, vedados, escenarios deportivo-sociais, tramos libres e morte, augas en réxime especial.

Sábado 9 de marzo do 2013 de 16:00 a 19:00
Módulo de aprendizaxe e práctica da pesca incluirá os seguintes aspectos:
Modalidades de pesca.
Artes de pesca cebos, aparellos e reclamos
A cana e as súas partes. Tipos de cana. Medios auxiliares
Indumentaria e útiles do pescador .
Comportamento do pescador. Medidas de seguridade propias e sen relación con outros usuarios do medio acuático e o seu contorno.
Prácticas de lanzado.
A técnica de pesca sen morte.
Prácticas de pesca en estanque de iniciación.
Montaxe de moscas artificiais para pesca.
Prácticas de pesca nun tramo do río Miño.





Domingo 10 de marzo do 2013 de 10:00 a 13:00
Módulo de aprendizaxe e práctica da pesca incluirá os seguintes aspectos:
Modalidades de pesca.
Artes de pesca cebos, aparellos e reclamos.
A cana e as súas partes. Tipos de cana. Medios auxiliares.
Indumentaria e útiles do pescador .
Comportamento do pescador. Medidas de seguridade propias e sen relación con outros usuarios do medio acuático e o seu contorno.
Prácticas de lanzado.
A técnica de pesca sen morte.
Prácticas de pesca en estanque de iniciación.
Montaxe de moscas artificiais para pesca.
Prácticas de pesca sen morte na piscina de Oira.




Lugar: Aula da Natureza do río Miño e  pisciana de Oira no Paseo fluvial de Oira
Dirixido: Nenos/as de 7 a 13 anos.
Grupos: Non superior a 40 persoas.
Periodización: Sábado 9 e domingo 10 de marzo 2013
Horario: de 10:00 a 13:00 ou de 16:00 a 19:00.
Organiza: Concellería de Educación
Colabora: Consellería do Medio Ambiente, Pavillón de Deportes, Federación Galega de Pesca.
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño.
Teléfono: 98851078
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

1 comentario: