Saúdos dende a Serra de San Mamede!
Dando continuidade ás accións de revalorización e recuperación do monte levadas á cabo por Amigos da Terra no entorno de As Corcerizas nos últimos anos; propomos, para o vindeiro 16 e 17 de marzo, un plan de coñecemento e acción pola Serra de San Mamede: Roteiro nocturno de orientación, obradoiro de recuperación ambiental, plantación e ecovixiancia en zonas afectadas polo AVE, serán algunhas das actividades previstas.
O domingo, en colaboración cos veciños/as de Porto, teremos oportunidade de ver a desfeita e a pretensión de ADIF de ocupar e destruir preto de 20 hectáreas (200.000 metros cadrados) de soutos centenarios que se suman as xa ocupadas 27 hectáreas: 47 hectáreas destruídas de fragas autóctonas nun val moi pequeno.
Consulta a programación no arquivo adxunto
Datas: 16 e 17 de marzo
Dirxido a todas as persoas interesadas na mellora e defensa do monte galego
Horas e puntos de encontro:
Sábado ás 20:00 en As Corcerizas
Domingo ás 10:30 en As Corcerizas
Domingo ás 13:30 na área de lecer de Porto, a carón do Río Arnoia, e se fai mal tempo no local social do pobo.
Porto-Alemparte.- 42º 10´ 40.04" N e 7º 35´ 29.89" W
Aloxamento e comidas
Aloxamento no albergue de As Corcerizas.
Cea e xantar por conta dos participantes.
ACTIVIDADE GRATUÍTA
As persoas que participen en toda a programación, serán convidados/as por Amigos da Terra ao almorzo e poderán disfrutar do albergue de xeito gratuíto a noite do sábado.
Reserva a túa praza antes do 15 de marzo se ves a durmir ao albergue.
MÁIS INFORMACIÓN E RESERVAS nos locais de Amigos da Terra e no: 988 374 318 info@amigosdaterra.net
Organiza Amigos da Terra coa colaboración das veciñas e veciños de Porto (Vilar de Barrio, Ourense)
No hay comentarios:
Publicar un comentario