viernes, 4 de octubre de 2013

Voluntariado con amigos da terra

Ola a todas/os,

Organizada dende un grupo de activistas da asociación, a vindeira fin de semana, dende o 4 ata o 6 de outubro, está prevista unha xornada de voluntariado ambiental para dar continuidade aos traballos forestais que se iniciaron esta primavera no entorno de As Corcerizas: construción dun valado de madeira para unha horta,  e proxeccion de documentais ambientais....e para completar a xornada compartindo experiencias, organizaremos dous cursillos de cosmetica ecoloxica e pan artesán.
voluntariado_corcerizas
O aloxamento no albergue será gratuio así como o almorzo.
Os participantes teredes que levar a comida do sábado e domingo e algunhas verdurillas para a cea do vernes e sábado (a pasta e arroz a poñemos nos)

Chegada o venres ás 18:00 pola tarde saida o domingo pola tarde ou ben se queredes o luns pola maña.

Se queres axudar e ser participe con nós, podes enviar un correo ou chamar ao local de Ourense ofrecendo o voso apoio.

  voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
  988 374 318

Poremonos en contacto con vos para concretar horarios, desprazamento...


Moitas grazas
Esperamosvos na Serra!



Faite soci@ de Amigos da Terra
Ángel Dorrío

Amigos da Terra Galicia - Membro de Friends of the Earth International
Rúa do Progreso, 91 - Galerías Proyflem, entreplanta local 9B - 32003 Ourense
Tel./Fax [+34] 988 374318
angel.dorrio@amigosdaterra.net
www.amigosdaterra.net





No hay comentarios:

Publicar un comentario