miércoles, 6 de noviembre de 2013

Feira da luz, acéndete con nós

Este xoves convidámosvos a participar na Feira da luz, acéndete con nós! un fantástico espectáculo interactivo que contará con xogos comoPesca o kilowatio, Tiro á torreta, Monicreques e, como colofón, o agardado Combate de loita libre entre o defensor da enerxía renovable Capitán Luz e o loitador do oligopolio enerxético Don CO2.



Durante todo o día terás a túa disposición, na Praza Maior de Ourense, un punto informativo de Amigos da Terra sobre o antes e o despois da inaceptable reforma enerxética proposta polo goberno e ofrecerémoste diferentes opcións para promover unha enerxía renovable e descentralizada que faga fronte ao oligopolio enerxético.

Tamén contaremos coa presenza de Nosa Enerxía - Sociedade Cooperativa Galega, que nace como a primeira cooperativa enerxética galega co obxectivo de promover proxectos de xeración de enerxía renovable de xeito distribuído e para autoconsumo, principalmente no ámbito de Galicia e de Green Space - Enerxías futuras, empresa especializada na instalación de enerxías renovables.


Data: xoves, 7 de novembro
Lugar: Praza Maior de Ourense
Programación:
12:00-14:00 e de 17:00-20:00 mesas informativas de Amigos da Terra, Nosa Enerxía e Green Space 
20:00 espectáculo teatral Feira da luz, acéndete con nós!

Graciñas por vir e difundir e perdoade polo pouco tempo con que vos aviso

No hay comentarios:

Publicar un comentario