martes, 5 de noviembre de 2013

OS NOSOS AMIGOS OS LOBOS/ CONCIENCIACIÓN/ Centros Educativos

Data inicio: 18/11/2013 Data fin: 19/11/2013

INTRODUCCIÓN


O lobo é un mamífero do orden dos carnívoros e da familia dos cánidos. Esta familia inclúe tamén a outros animais como o raposo, o coiote e os chacais.

Os cánidos adoitan ser animais xeneralistas e ben adaptados para vivir nunha gran variedade de entornos o que fai que en moitas ocasións convivan estreitamente coa poboación humana. Por elo, a súa conservación depende, en moitos casos, da nosa actitude e tolerancia á súa presenza.

A pesar de ser especies moi estudadas e sobre as que se escribiu moito, son pouco coñecidas pola poboación. Os mitos e as lendas enmascaran o conflicto real entre o lobo e o home e tenpañan o seu valor biolóxico e ecolóxico nos ecosistemas con contos que lle dan mala imaxen e alimentan un odio ancestral inxustificado.

Galicia é un territorio que dende sempre contou cunha poboación notable de lobo e a especie está, de modo xeral, ben distribuida por toda a xeografía galega. En moitos núcleos rurais os nenos están en contacto co lobo, algúns deles incluso teñen pais gandeiros que teñen sufrido algún tipo de encontro coa especie.

Consideramos de interese, por todo o anterior mencionado, impartir charlas nos centros escolares sobre esta especie abarcando unha temática o máis ampla posible, dende o xeito para remediar e paliar os ataques ao gando e millorar a coexistencia coa especie ata o seu valor real nos ecosistemas (moito máis amplo do realmente divulgado) pasando polo perxuicio que fan os velenos no medio natural ata por desmitificar as lendas ancestrais que versan sobre o lo

Temática que se pretende abarcar:
Bioloxía do lobo ibérico (etapas da vida)
Fisioloxía (aspectos e caracteres que diferencian o lobo ibérico)
Alimentación
Distribución do lobo no mundo, en Europa e na península ibérica.
Ameazas da especie

Conservación:
o conflicto do lobo e o home, danos ao gando
lobos e homes: ¿Hai que terlle medo ao lobo?
Como convivir co lobo
Valor e función do lobo nos ecosistemas
Breves conceptos sobre a xestión da especie.

OBXETIVO
Contribuir a divulgación e conservación do lobo ibérico,
Sensibilizar á sociedade acerca das ameazas que afectan á especie
Difundir o papel que este emblemático superpredador desempeña no mantemento do equilibrio dos ecosistemas nos que habita.
Deixar constancia tamén do extraordinario legado sociocultural que a presenza do lobo deixou na literatura, na mitoloxía, na heráldica, na toponimiae no refranero popular...
Desmitificar ao “lobo feroz, asesino de nenos e anciáns demonizado polos contos e lendas.
Limpiar a negativa imaxen de animal sanguinario e case diabólico que acompaña tradicionalmente a este animal, e que aínda perdura na mentalidade e no subconsciente de gran parte da poboación.
Manifestar a necesidade de compatibilizar os intereses dos diferentes colectivos implicados dunha ou outra forma na problemática do lobo, promovendo debates para o encontro de puntos comúns entre eses axentes implicados (gandeiros, cazadores, científicos, asociacións ecoloxistas, medios de comunicación e administracións públicas.

Existirá unha parte teórica que constará dunha charla con videos e imaxes de lobos en libertade da península ibérica e outra parte práctica con varias actividades que axuden a asimilar o exposto anteriormente.

CONFERENCIANTE BIÓLOGO E ESPECIALISTA NO TEMA DOS LOBOS PEDRO ALONSO IGLESIAS


http://es.groups.yahoo.com/group/lobo_iberico/message/4637

Lugar: Aula dá Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Dirixido: A todas a idades
Grupos: 5 grupos non superior a 25 persoas
Periodización: 18 ao 19 de novembro do 2013
Horario: de 09:30 a 14:00
Duración: 90 min.
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador dá Aula dá Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es


Centros educativos que participarán

Luns 18 de novembro as 9:30 franciscanas 40 alumnos 2 de ESO
Luns 18 de novembro as 11:00 franciscanas 25 alumnos de 2 de ESO

Martes 19 de novembro as 9:30 Curros Enriquez 25 alumnos de 3 primaria
Martes 19 de novembro as 11:30 Padre Feijoo 40 alumnos de 4 de ESO

Nota: Permitirase ós medios de comunicación o acceso ás actividades organizadas por esta Concellería para a súa posterior difusión (prensa, programación das actividades, calendarios, carteis, dípticos,etc...)

No hay comentarios:

Publicar un comentario