lunes, 2 de diciembre de 2013

ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN SOBRE OS MAMÍFEROS CARNÍVOROS (Centros Educativos)

Data inicio: 02/12/2013     Data fin: 05/12/2013
Descrición
A actividade tradicional no rural de Galicia implica, historicamente relacións cos outros habitantes do medio natural, a fauna silvestre.
A mitoloxía e a sabedoría popular xunto co descoñecemento, non axudou moitas veces, a que a fauna silvestre e o ser humano habiten en harmonía.
Desta volta, tentaremos axudar a descubrir un mundo descoñecido, pero moi próximo a nós. Afondaremos na realidade, procurando desmentir a mitoloxía sobre estas especies.
Ademais, aportarase información que axude a entender a súa presenza, cando antes non eramos conscientes dela. 
Tamén a través de exemplos concretos, observaremos aquelas especies mais características do noso ambiente e a súa función nos ecosistemas.
Con todo isto preténdese, acentuar no valor engadido que supón vivir nun entorno con alto grado de biodiversidade, e como se pode convivir ca mesma dun modo equilibrado.

Obxectivos
1.Coñecer que son e quen son os mamíferos carnívoros.
2.Desmentir mitos e lendas asociadas a estes animais.
3.Dar a coñecer a biodiversidade asociada ao home.

Actividades
A. Realizaranse unha serie de sesións divulgadoras dirixidas aos diversos rangos de idades.
Sesións para escolares (ata 10 anos): Charla orientada, sobre a bioloxía e curiosidades dos mamíferos carnívoros (30 min). Talleres relacionadas cos mamíferos carnívoros. Máximo 25-30 nenos (1 – 2 horas): Traballos manuais, realizados principalmente con material de refugallo.

Centros que participaran
Luns 2 de decembro as 9:15franciscanas 40 alumnos 2 de ESO  y vuelta al centro a las 11:15
Luns 2 de decembro as 11:00 franciscanas 25 alumnos de 2 de ESO y  vuelta al centro a las 12:15

Martes 3 de decembro as 9:15 Curros Enriquez 25 alumnos de 3 primaria  y vuelta al centro a las 11:15
Martes 3 de decembro as 11:15 Padre Feijoo 40 alumnos de 4 de primaria y vuelta al centro a las 12:45

Destinatarios/as: Centros educativos. A charla adaptarase aos distintos niveis educativos.
Grupos: Non superior a 25 persoas
Periodización: 2 a 5 de  decembro do 2013 de 9:30 a 13:30 h
Duración: 90 min.
Lugar de realización:Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada ( 988510781/ aulanatureza@ourense.es 

No hay comentarios:

Publicar un comentario