jueves, 26 de diciembre de 2013

Saída montañeira o 1 de xaneiro, Canóns do Sil-Serra de Cabeza de Meda


É costume nos paises con tradición “montañeira” subir nestas datas a unha montaña, a que quede máis perto de nós para celebrar a entrada do aninovo. O día 1 de xaneiro para aqueles e aquelas que vos apeteza a mañá cedo imos subir a Pena Rubia (ao cúmio da nosa árbore de nadal) que como ben sabedes está nos Canóns do Sil. Seguiremos a andaina ate o cúmio da Mallada Vella na Serra de Cabeza de Meda dende a que se ven as montañas máis altas de Galicia e norde de Portugal, vales do Sil e do Miño, terras da Limia e de Lemos, Val do Medo e do Arnoia…
Saída de Ourense ás 09:00 (Campus Universitario a carón da escultura do afiador) e voltaremos entre as 14 e as 15 horas, o que queira, poida e lle apeteza por nós pode voltar cando queira.

Data: *01 de xaneiro de 2014*


Saída 09:00h  dende a Campus de Ourense -Universidade de Vigo ao carón
da porta norte da Facultade de Ciencias de Ourense,
Avda Otero Pedraio no vial paralelo xunto ao aparcadoiro de bicis.
https://maps.google.es/maps?saddr=Av.+Otero+Pedrayo%2FC-535&daddr=Carretera+desconocida&hl=es&ll=42.345136,-7.857167&spn=0.005876,0.009645&sll=42.345223,-7.855563&sspn=0.001469,0.002411&geocode=FQcjhgIdkQ-I_w%3BFd4ihgIdxiKI_w&mra=dme&mrsp=1&sz=19&t=m&z=17

Volta ás 14:00h-15:00h 


Que levar: a comida-picnic, roupa de abrigo ou chuvasqueiro, e calzado cómodo,
Tamén recomendamos prismáticos e cámara de fotos,
Ademais para repor forzas e brindar polo 2014, aconsellamos: doces de
nadal (turrón, roscóns, mazapans, bicas…) e algo para non desidratarse
(auga, viño da terra, sidra, cava…). ACONSELLABLE un chisco de forza
para camiñar e a voz limpa para cantar uns reises e botar uns aturuxos.


Animádevos e apuntádevos poñéndovos en contacto con Amigos da Terra:
988.37.43.18 ou no email:

voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

No hay comentarios:

Publicar un comentario