O monte é a nosa vida, patrimonio de todos os galegos
Confemadera Hábitat Galicia convídao ao relatorio técnico Deseño e durabilidade da madeira no proxecto construtivo que impartirá Manuel Touza, xefe da área de Innovación e Tecnoloxía do CIS Madeira, o vindeiro xoves 12 de decembro de 2013.
Neste relatorio, que se enmarca no programa da Semana Forestal Europea, se expoñerá de xeito práctico os aspectos principais para garantir a durabilidade do proxecto en madeira; metolodoxía da toma de decisións para a protección química da madeira, importancia do deseño construtivo na durabilidade e as novas posibilidades de protección da madeira (modificada).
Tamén se realizará unha visita polas instalacións do CIS Madeira.
Agardamos contar coa súa participación.
Prazas limitadas. Inscrición:
Mail a confemaderagalicia@confemaderagalicia.es
Teléfono: 686 037 314 (Rosa Pontes)
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
No hay comentarios:
Publicar un comentario