
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
lunes, 20 de enero de 2014
CASTAÑO, A HISTORIA DE OURENSE. (Centros Educativos) Data inicio: 03/02/2014 Data fin: 14/02/2014
Descrición
Esta actividade constará dunha parte teórica e outra práctica.A parte teórica constará de conferencias a cargo dun experto que exporá as características máis salientables destes produtos gastronómicos, a súa importancia ao longo da historia e os distintos usos que lles podemos dar e as distintas formas de cociñalos. Terá unha duración de 1.00h.
A parte práctica constará de a realización de cestería tradicional do Castiñeiro.
Despois dos anos 60, o abandono das aldeas e como consecuencia as formas de vida rurais fan cambalear todas as artes tradicionais. A cestería cae no esquecemento, facendo a xente cada vez máis dependente dos cartos e inútil para fabricar utensilios ou ferramentas coas súas mans. De aí xorde o interese por este obradoiro de cestería en castañeiro para que as súas técnicas e trenzados permanezan entre nós e poidamos ser os novos herdeiros dun coñecemento ancestral. Terá unha duración de 100 minutos
Obxectivos
Coñecer o castiñeiro, os seus froitos, a súa madeira e usos.
Dar a coñecer a importancia histórica destes produtos gastronómicos para a nosa cidade.
Aprender distintas formas de manipulalos.
Destacar a importancia económica
Descubrir e aprender as técnicas de entrelazado de fibras vexetais flexibles como é a medula de castiñeiro.
Contidos
O castiñeiro: A árbore, a súa madeira e usos.
Técnicas de trenzado.
Técnicas de peche.
Cestería tradicional de castiñeiro.
Lugar de realización: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Destinatarios/as :Primaria, ESO e Bacharelato
Periodización: Do 3 ao 14 do febreiro do 2014 de 10:00 a 13:00
Duración: 150 minutos
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada (988510781 aulanatureza@ourense.es
Colaboran tragsa ,ixp castaña de galicia
-
Centros que participaran en la actividad.
Luns 20 de Xaneiro as 9:15 franciscanas 40 alumnos 2 de ESO y vuelta
al centro a las 11:15
Luns 20 de Xaneiro as 11:00 franciscanas 25 alumnos de 2 de ESO y
vuelta al centro a las 12:15
Martes 21 de Xaneiro as 9:15 San Jose 50 alumnos de 1 ESO y vuelta
al centro a las 11:15
Martes 21 de Xaneiro as 11:15 otero Pedrayo 25 alumnos de 4 de ESO y
vuelta al centro a las 12:45
Mercores 22 de Xaneiro as 9:15 Universidad Laboral 25 alumnos de 1
Bachiller y vuelta al centro a las 11:15
Mercores 22 de Xaneiro as 11:15 Universidad Laboral 15 alumnos de 2
de Bachiller y vuelta al centro a las 12:45
Etiquetas:
.,
03/02/2014,
14/02/2014,
a,
castaño,
Centros,
Data,
de,
Educativos,
fin,
HISTORIA,
inicio,
Ourense
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario