lunes, 13 de enero de 2014

SEMANA DA MEL (Centros Educativos)


Data inicio: 13/01/2014     Data fin: 17/01/2014
DescriciónCharlas levadas por un apicultor profesional, traballos e actividades en grupo, onde se explicará a importancia das abellas no mundo e as consecuencias da súa posible desaparición. Apicultura Tradicional. Apis (abella) e Cultura (cultivo). A apicultura tradicional trata das relacións do home coas abellas e de como conseguiron obter os froitos do seu traballo: o mel e a cera.
Obxectivo
  • Traballar e aprender o marabilloso mundo das abellas.
  • Estudar na colmea a recoñecer ás abellas, como se reproducen e que actividades realizan, como se desenvolve unha comunidade onde se traballa sen descanso, cuxo único obxectivo é traballar en conxunto pola perpetuidade da especie.
  • Coñecer os produtos cos que nos obsequian as abellas e tamén, por que non, poder obter o teu propio mel.
  • Coñecer as propiedades do mel, tanto nutricionais como terapéuticas: facilita a dixestión, laxante suave, propiedades sedantes.
Contidos
  • Introdución á apicultura.
  • Transformación de produtos e subprodutos do mel.
  • Obradoiro. Crear a propia vela
Destinatarios Alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato
Grupos de 25
Lugar de celebración Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Periodización 13 a 27 xaneiro do 2014
Horario: de 10:00 a 13:00 h
Duración: 100 min.
Cordinador: Luis Herminio Amigo Estrada( 988510781 / aulanatureza@ourense.es
http://vimeo.com/49964757

Charla impartida
ABELLA LUPA RECIBE O 1º PREMIO POLA SÚA “CONTRIBUCIÓN SIGNIFICATIVA Á PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE” POLA RED EMPRENDEVERDE
Abella Lupa SAT vén de acadar o 1º premio do concurso da Red emprendeverde, convocado pola Fundación Biodiversidad (Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente), dentro da mención especial: “contribución significativa á protección da biodiversidade.” Deste xeito o Ministerio recoñece a súa contribución ao desenvolvemento da economía sostíbel.
Abella Lupa foi seleccionada de entre un total de 190 candidaturas a nivel estatal que optaban a 4 categorías de premios económicos. O acto de entrega de galardóns celebrado o pasado 31 de outubro na sede do MAGRAMA en Madrid, foi presidido polo ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete.
Abella Lupa é unha Sociedade Agraria de Transformación que nace cun dobre propósito: ser un proxecto destinado á produción ecolóxica de mel e á recuperación e divulgación do patrimonio cultural asociado á apicultura en Galicia. Asemade, incorpora ao mundo da apicultura un enfoque multidisciplinar, grazas á súa experiencia e formación profesionais en ámbitos como a bioloxía, a xestión forestal, a ecoloxía e a educación ambiental.
A Red emprendeverde, é unha rede especializada e integradora, cunha estrutura aberta á incorporación de emprendedor@s,inversor@s e interesad@s no emprendemento. Conta con máis de 3000 emprendedor@s e 45 inversor@s. É unha Rede para axudar a tod@s aqueles que queiran aproveitar as oportunidades económicas vinculadas á protección do medio ambiente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario