lunes, 3 de febrero de 2014

Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Programa de educación ambiental Voz Natura,

Queridos amig@s: 

Comunícovos que, a partir de hoxe, a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre poñe en marcha unha nova edición do programa de educación ambiental Voz Natura, que se desenvolverá durante o curso académico 2014/2015.

A que será xa a décimo oitava edición do programa estará especialmente dedicada a promover a creación e mantemento de hortos ecolóxicos. Por iso, animámosvos a participar e que presentedes os vosos proxectos ambientais que inclúan actividades relativas a este tema, xunto con outras actuacións de acción directa nos ecosistemas como plantacións, limpezas de espazos degradados, reciclaxe...

A solicitude de participación realizarase a través do formulario en liña dispoñible na nosa web (http://www.voznatura.es/proxima/index.php?idseccion=15) onde tamén se poden consultar as bases e descargar un formulario en pdf para enviar por correo postal por si algún equipo non pode realizar a inscripción en liña. 

**Importante: O prazo para poder participar na próxima edición remata o 15 de marzo!! 

Recordade que todos os traballos que se presenten deben estar coordinados por un profesor (dous máximo) que recibirán un certificado da Consellería de Educación ao final do curso (como sabedes, a coordinación de proxectos Voz Natura, por parte dos docentes de centros sostidos con fondos públicos dependentes de dita Consellería, está recoñecida como actividade de innovación educativa). 

No caso de necesitar información complementaria, podedes chamar aos teléfonos: 981 180 418 e 981 180 416, ou escribirnos a voznatura@lavoz.es. José Antonio Díaz, voceiro do Comité Científico tamén atenderá calquera dúbida que teñades.

Unha aperta do equipo Voz Natura!!

Nazareth Díaz Castro
Coordinadora Programa Voz Natura
Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre
Tlf: 981 180 418 / 416
Fax: 981 180 488
http://www.voznatura.es
http://www.facebook.com/voznatura

No hay comentarios:

Publicar un comentario