martes, 22 de abril de 2014

ORNITOLOXÍA (Centros Educativos)

Data inicio: 23/04/2014     Data fin: 06/05/2014
Descrición
Esta actividade ten como obxectivo o achegamento ao mundo das aves, a través da súa observación directa e a elaboración de comederos e caixas niño.A actividade divídese en 2 partes:
Parte teórica: explicación sobre diferentes tipos de caixas niño, comederos,identificaciónde aves, etc
Parte práctica: realización dun comedero, colocación dos comederos e dunha caixa niño. Realizarase tamén observación de aves con prismáticos e telescopio. 
Ensinarase unha variedade de métodos de mostraxe/censo de aves que permitirán aos asistentes tanto sacar un maior proveito dos datos que eles mesmos tomen no campo, así como ofreceráselles información sobre censos e proxectos coordinados, a nivel rexional ou estatal, nos que poderán colaborar no futuro. Tamén se capturarán e anillarán aves mediante técnicas de trampeo non lesivo co que os participantes poderán identificar as aves en man.
O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), celebra o segundo fin de semana do mes de maio  o  Día Mundial das Aves Migratorias.

Obxetivos
Identificar as distintas especies de aves 
Iidentificar aspectos importantes como son os cantos, a silueta en voo, así como outros aspectos comportamentales.
Contextualizar o anterior, mostraráselles os resultados de estudos levados a cabo polos responsables do curso, nos que se precisou da identificación e seguimento de aves para alcanzar os obxectivos dos proxectos. 

Luga de realización: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Destinatarios/as: A todo tipo de persoas
Grupos: non superior a 25 persoas
Periodización 
Horario:  10:00 a 13:00h
Duración: 100 minutos
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada (988510781 / aulanatureza@ourense.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario