martes, 6 de mayo de 2014

"Cuándo ver aves en Galicia". Será ás 20:00 h na Aula de Natureza Rio Miño

Prezados socios e compañeiros/as,

Este venres 9 de maio, Antonio Sandoval e Damián Romay, dúas das grandes figuras da ornitoloxía galega, socios do G. N. Hábitat e da SGO, presentarán seu libro "Cuándo ver aves en Galicia". Será ás 20:00 h na Aula de Natureza Rio Miño(Paseo fluvial de Oira s/n, 32001 Ourense).

É un libro sobre ornitoloxía mais cun enfoque diferente: reúne destinos e propostas de actividades para a observación de aves en Galicia en función da época del ano, agrupadas mes a mes e orientadas a observadores de aves en xeral, familias con nenos, ornitólogos curiosos e buscadores de rarezas, e observadores con espírito científico.

Tamén inclúe unha lista de recursos sobre aves e ornitoloxía galega, a lista actualizada das aves de Galicia, e coordenadas de máis de 290 localidades. Recomendado para observadores de aves e afeccionados á natureza en xeral, así como para educadores e axentes sociais e turísticos, que atoparán información útil para organizar e promover excursións e actividades relacionadas coas aves.

Achégase o cartaz do evento. Agardámosvos!
Saúde e natureza,
Grupo Naturalista HábitatEstudando para conservar dende 1979www.gnhabitat.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario