miércoles, 21 de mayo de 2014

día mundial dos océanos

Un ano máis ADEGA organiza a III Limpeza simultánea de praias en toda Galiza con motivo do día mundial dos océanos (6, 7 e 8 de xuño)


Con motivo do día Mundial dos Océanos, e dentro da iniciativa europea “Limpemos Europa”, ADEGA organiza a III Limpeza Simultánea de praias co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, dentro do Programa Playas, Ríos, Voluntariado e Custodia do Territorio. Con esta convocatoria ADEGA da continuidade ás limpezas realizadas en 2012 e 2013 que sumaron centos de persoas neste día de reivindicación e voluntariado ambiental.

ADEGA convoca de novo a tódalas entidades interesadas a unirse neste evento contra a contaminación mariña. As limpezas poderán celebrarse os días 6, 7 e 8 de xuño coincidindo co este último co Día Mundial dos Océanos. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, pescadores, asociacións de todo tipo, concellos ou grupos de particulares están chamados a limpar as praias e denunciar esta problemática ambiental. Se queres participar contacta con ADEGA.

O lixo mariño é un dos graves problemas ambientais aos que se enfronta o planeta, as principais causas son: a insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións...), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en terra.



Estes residuos teñen graves consecuencias para a os ecosismeas mariños, máis de 1.000.000 de aves mariñas e 100.000 mamíferos e tartarugas morren cada ano enredados ou por inxesta do lixo mariño. Tamén pode afectar directamente á saúde humana, xa que moitos destes produtos conteñen substancias tóxicas, bioacumulativas e persistentes, que entran na cadea alimentaria. Por último outro dos graves problemas asociados a estes residuos, é que provocan perdas económicas importantes, debido a varios factores como son a diminución da pesca comercial, a degradación de lugares aptos para actividades recreativas e turísticas, ou o enorme investimento requerido para as limpezas de praias.

Facemos unha chamada á poboación para conseguir unha masa crítica que no Día dos Océanos se achegue ás praias, e consiga por unha banda mellorar o estado das nosas costas pero sobre todo conseguir un cambio de conciencia cidadá para a redución de residuos.

As entidades participantes contarán co asesoramento continuo, material divulgativo, protocolo de limpeza, publicidade, seguro de accidentes e tamén poderán participar no Proxecto de Caracterización de Lixo Mariño (MARNOBA)




Se estás interesad@ en participar cantacta con nós: lucia@adega.info tlf: 649 611 508 ou 981 57 00 99

No hay comentarios:

Publicar un comentario