miércoles, 21 de mayo de 2014

O programa completo das actividades no Parque de Montealegre

A Concellería de Medio Ambiente organiza tres propostas gratuitas e abertas ao público en xeral que se van celebrar os días 17, 22 e 24 de maio no Parque de Montealegre co obxectivo de sensibilizar á poboación sobre as especies de árbores, plantas e aves propias de Montealegre, á vez que se dinamiza o parque con actividades.

No marco desta programación o sábado, día 24 de maio, desenvolverase o obradoiro titulado: Aprende a coñecer os paxaros. Introdución á identificación das aves polos seus cantos e reclamos, previsto para as 18.00 horas. A actividade consiste en amosar un modo de identificación de aves no medio natural, como é partir dos seus cantos e reclamos. Coa actividade preténdese iniciar ou perfeccionar a identificación de diferentes especies de aves sen ter contacto visual directo, simplemente agudizando o noso oído. Ensinarase o papel das aves no medio ambiente, e amosarase o xeito de recoñecer as aves, á vez que se fomentará o respecto cara as diferentes especies de fauna.

A partir das 18.00 horas, os participantes percorrerán o parque para identificar as especies, os seus cantos e reclamos máis comúns. O número de participantes está limitado a 25, e será impartida por un especialista en aves pertencente á Sociedade Galega de Ornitoloxía.

O programa completo das actividades é o seguinte:

- Sábado, 17 de maio. 18.00 horas. Aprende a identificar as árbores do teu bosque en galego.

- Xoves, 22 de maio. 18.00 horas. As estratexias das plantas.

- Sábado, 24 de maio. 18.00 horas. Aprende a coñecer os paxaros. Introdución á identificación das aves polos seus cantos e reclamos.

Máis información e inscrición nas tres actividades, na Concellería de Medio Ambiente, no 988388135 e en www.botanicodemontealegre.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario