Data inicio: 22/04/2014 Data fin: 30/05/2014
Descrición
Ao longo de 10 kilómetros, desde a Chavasqueira ata Outaríz e desde Outaríz a Untes, faremos un percorrido pola súa historia vinculada á cidade de Ourense, polos seus aproveitamentos pasados e presentes e pola natureza que alberga o seu leito e marxes.
Durante o traxecto achegarèmonos a algunhas das maneiras en que o home ten empregado o río e o seu contorno no seu beneficio; sorprenderémonos coa fauna que cada vez con maior familiaridade convive coa xente, coñeceremos as árbores típicas do bosque de ribeira e outros aspectos do medio natural que nos rodea.
Obxectivos
Descubrir as posibilidades de aprendizaxe e lecer que nos ofrece o río Miño.
Afondar no coñecemento dos vínculos entre o río e a cidade de Ourense.
Valorar os recursos que o río ofrece aos Ourensáns.
Coñecer a orixe, características e aplicacións das augas termais.
Recoñecer as formas en que o río modela as rochas e a paisaxe.
Aprender as características do ecosistema fluvial e coñecer as principais especies que viven no río e as súas marxes.
Descubrir as principais ameazas que se cernen sobre o medio fluvial.
Concienciar da necesidade do esforzo de todos para manter os ríos vivos.
Destinatarios/as
Dependendo das rutas
Chavasqueira -Outaríz: 3º ciclo de Educación Primaria e 1º e 2º da E.S.O
Outaríz -Untes: 3º e 4º da E.S.O. e Bacharelato
Grupo de 25 persoas máximo.
Achegas da Concellería Persoal especializado
Observacións
O alumnado deberá levar roupa cómoda para o itinerario.
A duración será de 2.45 minutos aproximadamente.
O monitor esperará na zona da Ponte Romana do barrio da Ponte.
Coordinador:Luis Amigo Estrada (988510781/ aulanatureza@ourense.es)
No hay comentarios:
Publicar un comentario