martes, 27 de mayo de 2014

XORNADA DE VOLUNTARIADO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


Prezada/o amiga/o,

O vindeiro 5 de xuño  celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente 2014. Co fin de conmemorar esta data tan sinalada, o CEIDA, en colaboración con Gadis, organiza unha Xornada de Voluntariado na Costa de Dexo (Oleiros) dirixida ao público en xeral que desexe contribuir á preservación do noso litoral. A actividade consistirá na eliminación dunha das especies de flora invasora máis presentes neste espazo, o Carpobrotus Edulis, coñecida comúnmente como uña de gato.


Máis información e inscricións:

http://www.ceida.org/educacion-divulgacion/outras-actividades/xornada-voluntariado-na-costa-dexo-dia-mundial-do-medi.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario