miércoles, 25 de junio de 2014

VOLUNTARIADO AMBIENTAL PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS 2014


Un ano máis a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado colabora coa Secretaría Xeral de Medio Rural e de Montes para poñer en marcha este verán un programa de voluntariado ambiental de prevención e defensa contra os incendios forestais.
O programa nace co obxectivo principal de sensibilizar e infundir nos participantes, criterios e coñecementos básicos sobre a prevención, información e vixilancia contra os incendios forestais, que os motiven e capaciten para valorar e conservar a nosa masa foresta.

Os obxectivos do programa son:

-Promover unha campaña de sensibilización e información no coidado dos nosos montes.
-Colaborar na vixilancia dos montes de Galicia.
-Reforzar a idea da necesidade de conservar os nosos recursos forestais.
-Fomentar unha actitude de prevención de riscos nos nosos montes.
-Promover mecanismos que incidan en actitudes de persuasión fronte ao descoido ou a irresponsabilidade no monte.

As actividades a realizar polos participantes no programa foron establecidas pola Secretaría Xeral de Medio Rural e de Montes, cuxos técnicos intervirán ademais cunha charla de FORMACIÓN aos voluntarios. Unha vez realizada a formación as persoas voluntarias comezarán a súa labor, que inclúe a realización das seguintes ACTIVIDADES:

- Vixilancia ambiental.
- Control de especies invasoras. Localización e marcaxe de parcelas de traballo, identificación de invasoras sobre as que actuar e eliminación destas.
- Restauración das áreas incendiadas. Contención de terreos, sementeira de herbáceas en montes de pendente con incendios recentes, repoboación...
- Localización e control de vertedoiros incontrolados.
- Limpeza de ríos
- Caracterización dun tramo de río: Inventario de flora, fauna, control da calidade das augas...
- Limpeza e roza de devasas

O programa desenvolverase en quendas de 5 días e está concibido como un campo de traballo, no que grupos de 6 persoas voluntarias xunto cun monitor realizarán diferentes actividades de sensibilización e información sobre a necesidade de coidado e preservación da masa forestal.

O PROGRAMA INCLÚE:
1. Aloxamento e pensión completa nun albergue.
2. Programa de actividades e monitores.
3. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

O desprazamento ata o punto de queda será por conta dos participantes.

CONDICIÓNS XERAIS
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade ou ter cumpridos os 16 anos con autorización paterna, materna ou do titor . As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta:

-A indumentaria que leven ten que ser axeitada ás actividades a realizar, e han de levar a súa propia roupa de cama (saco/sabas) e os seus utensilios persoais de aseo.

-Sería conveniente que os participantes levasen así mesmo un par de prismáticos.

Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado de acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrito como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

PARTICIPANTES E INSCRICIÓNS
Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse cubrindo o formulario de participación.

LUGARES E DATAS:
Santiago norte: do 11 ao 14 de agosto, do 18 ao 22 de agosto, do 25 ao 29 de agosto, do 1 ao 5 de setembro

Santiago sur: do 7 ao 11 de xullo, do 14 ao 18 de xullo, do 28 de xullo ao 1 de agosto, do 4 ao 8 de agosto.

Lalín: do 30 de xuño ao 4 de xullo, do 7 ao 11 de xullo, do 25 ao 29 de agosto, do 1 ao 5 de setembro.

Curtis: do 30 de xuño ao 4 de xullo, do 7 ao 11 de xullo, do 14 ao 18 de xullo, do 28 de xullo ao 1 de agosto.

Ribeira: do 30 de xuño ao 4 de xullo, do 7 ao 11 de xullo, do 14 ao 18 de xullo, do 25 ao 29 de agosto.

As Corcerizas: do 30 de xuño ao 4 de xullo, do 7 ao 11 de xullo, do 14 ao 18 de xullo, do 18 ao 22 de agosto.

Bóveda: do 4 ao 8 de agosto, do 11 ao 14 de agosto, do 18 ao 22 de agosto, do 25 ao 29 de agosto, do 1 ao 5 de setembro.

http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=136

No hay comentarios:

Publicar un comentario