martes, 1 de julio de 2014

ACTIVIDADES DE VACACIÓNS DE VERÁN (EP)


DescriciónA Concellería de Educación coñecedora da problemática que se lle presenta aos pais/nais coa chegada das vacacións, quere dar unha resposta, e un ano máis estamos organizando as actividades de verán para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar e a formación lúdico-deportiva dos nenos e nenas do noso Concello.Na Aula de Natureza realizaránse actividades Medio Ambientais como:
Recuperación e liberación das aves
Obradoiros sobre o mundo da fauna nos ríos
Traballos na horta
Axentes forestais (incendios, denuncias, etc)
Obradoiros de reciclaxe
Recuperación de xogos populares
Saídas didácticas, etc

Obxectivos
Coñecer, gozar e defender o noso contorno natural: flora, fauna e aspectos de xardinería, estendendo as posibilidades de uso ás actividades cotiáns.
Aprender a utilizar e dar unha segunda vida a materiais que son reutilizables.
Concienciar da necesidade de realizar reciclaxe.
Gozar do contorno e comprender a oferta lúdica que representa, ademais de fomentar o respecto mutuo e a convivencia no desenvolvemento das actividades.
Posibilitar un comportamento cotián acorde coa postura de defensa e recuperación do equilibrio ecolóxico.
Fomentar diversos xogos populares.
Coñecer a importancia da auga para a vida, a saúde e o desenvolvemento.
Concienciar do cambio climático.
Conciliar a vida familiar e a vida laboral.
Fomentar actitudes de compañeirismo entre os nenos e nenas que acoden á aula.
Luga de realización Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n.
Destinatarios/asNenos e nenas de 6 a 12 anos.

PeriodizaciónDo  1 ao 31 de xullo , do 1 ao 31 de agosto e do 1 ao 12 de setembro do  2014
Horario: de 10:00 a 13:00 o de 16:30 a 19:30 de luns a venres.
Nº de prazas 40

No hay comentarios:

Publicar un comentario