viernes, 19 de septiembre de 2014

Limpieza do río Miño e afluentes en Ourense capital

A Aula da natureza sumase a o proxecto "Móllate polos ríos" de ADEGA.

nos podoras encontrar

Xornada :
Domingo 28 de setembro de 2014 de 11 a 13 horas.
Punto de encontro: Aula da natureza do río Miño (Oira) Ourense



O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores.
Animámosvos a participar este ano para que vaiades ao voso río e recollades ese lixo que acaba coa súa biodiversidade e beleza.
O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito.
Se estás interesado en participar podes porte en contacto con nós:


Limpeza de ríos

A crecente sensibilización da cidadanía fronte á degradación ambiental ten levado a moitas persoas e entidades a organizar limpezas de ríos. Malia que xa case ninguén contempla o río como un vertedoiro, aínda queda moito lixo neles.
En ocasións, os refugallos tirados ao río non representan un perigo para o ecosistema, pero si supoñen un impacto visual negativo (papeis, plásticos, madeiras, etc.). Noutras ocasións, os materiais depositados poden supoñer unha fonte de contaminación, debido ás sustancias que as compoñen (pilas, aceites de coche, baterías, produtos fitosanitarios, etc.) ou ben porque poden provocar alteracións en certos organismos (vidro, chatarra, etc.).
Qué debemos ter en conta
A limpeza será unha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social
Levade calzado e roupa resistentes.
Empregade luvas e calzado (botas, zapatos de deporte…) para evitar feridas: entre o lixo pode haber botellas de vidro rotas, chatarra, etc.
Recollede o lixo en bolsas grandes e resistentes, de tea ou de plástico.
Dividide o treito en anacos para traballar por zonas, e se sodes un grupo numeroso facede grupos de 2 ou 3 persoas por treito.
En caso de atopar aceites de coche e outros residuos líquidos, fai falla ir con moito coidado e non facer misturas de produtos.
Tentade separar os diferentes tipos de lixo para posteriormente depositalos nos contedores correspondentes e así favorecer a súa reciclaxe.
Nunca poñades en risco a vosa saúde: é máis importante a vosa vida que a do material a retirar.
Facede fotos da limpeza e de todo o lixo recollido e divulgade a vosa acción nos medios de comunicación.
Limpade o material empregado (botas, roupa, sachos…), especialmente se o ides empregar de novo noutro río, xa que podedes estar dispersando sementes de flora exótica invasora ou, no caso de anfibios, transmitindo enfermidades
O concello facilitará un sistema de transporte para recoller o lixo que almacenaremos nalgún lugar accesible para eles.

O Proxecto Ríos organiza en colaboración con diferentes entidades unha limpeza simultánea de ríos nos seguintes lugares.Se queres participar contacta co/a coordinador/a do concello máis cercano.
ConcelloGrupoCoordinador/aTeléfono
A EstradaAsoc. A Xesteira
Asoc. pola Defensa do Val do Liñares
Maika
Chus
650 346 097
626 768 826
AmesAAVV San Paio de Lens
Concello de Ames
Juan
Patricia
660 600 014
660 004 665
A MercaAsoc. Xuvenil XoldreiraRita685 569 597
AllarizCEA O RexoCarlos628 603 082
ArboADEGA-ParadantaToni653 927 904
ArteixoADEGA CoruñaMacías652 676 633
ArzúaAsoc. Pescadores Río IsoManuel686 611 660
BarroA BarosaYoyo655 952 805
BetanzosFragas do MandeoFernando660 586 554
CambreOficina de voluntariado de CambreRicardo679 499 868 / 981 916 843
CarballoSenda NovaJosé Manuel696 155 232
CariñoConcello de CariñoAlberto Durán981 405 064
CarnotaADEGA Costa MorteLucía981 760 227
CompostelaADEGA Compostela
Gentalha do Pichel
Paco
Maca
981 570 099
636 838 273
CospeitoAsoc. Revolta NaturalFiz625 254 398
CulleredoAAVV Río TrabeSamuel669 409 849
CuntisAsoc. Cultural “O Fervedoiro”Heitor676 188 619
FeneAETNA
Concello de Fene
Asoc. Bétula
Mariela
Andrés
Xavier
607 911 139
981 492 707
651 884 692
FerrolADEGA-TRASANCOSNes649 779 774
ForcareiC.M.V.M.C. San Miguel de Presqueiras
“Verbo Xido”
Roberto
Valentín
615 601 036
661 298 947
GondomarA Groba
Asoc Pedraghullo/AAVV Vincios
Pablo
Israel
627 276 816
657 456 692
LugoADEGA Lugo
IES Muralla Romana
Xosé Manuel
José luis
982 24 02 99
MañónAsoc. Cultural Barqueirock/Asociación NordésEfi646 587 948
MarínGrupo Cultural RonselAntón986 702 505
MelideAsoc. Troiteiros Río FurelosXavier696 607 348
MondarizClub Piragüismo do Tea/Asoc. BúrbidaEmilio678 508 578
MuxíaConcello de MuxíaJosé981 742 001
NedaAsoc. Néboa MedioambienteMaría981 347 690
Negueira de Muñiz27113 Comuna S. Coop. GalegaRaquel617 098 064
OurenseAula da NaturezaLuis607 438 102 / 988 510 781
Parada de SilA Fábrica da LuzÓscar679 060 509
PoioConcello de PoioJavier986 770 001
PonteareasPlataforma pola defensa do TeaMarta696 655 089
PontecesuresAsoc. Galega de Empresas de Turismo e NaturezaLuis628 756 002
PontevedraVaipolorío
Fundación Juan XXII
Xuntos Asoc. Síndrome de Down
Xosé
Susana
Luis
676 842 942
636 05 06 54
607 948 925
RábadeAsociación Galega de Custodia do TerritorioMartiño630 948 293
RianxoConcello de RianxoQuique981 860 808
RibadumiaColectivo Ecoloxista do SalnésMª Dolores660 928 463
Salceda de CaselasAsoc. TrezecatorzeLorena660 235 277
Salvaterra de MiñoAsoc. LazoiroAlberto667 007 051
San SadurniñoConcello San SadurniñoMari Carmen672 022 787
SarriaAsc. Cult. Crearte/Plataforma Sarriana polo RíoVerónica677 229 463
TeoAsociación CarballeiraFernando638 085 248
TomiñoAsociación TranklladaAna628 15 84 16
VerínAsoc. CDR Portas AbertasTamara988 417 232

No hay comentarios:

Publicar un comentario