viernes, 26 de septiembre de 2014

Unha charla sobre o lobo abre o décimo aniversario da Aula da Natureza

OURENSE
Unha charla sobre o lobo abre o décimo aniversario da Aula da Natureza
OURENSE / LA VOZ
26 de septiembre de 2014  05:00

A Aula da Natureza de Oira, dependente do Concello de Ourense, inicia hoxe o programa de actividades co que celebrará o seu décimo aniversario. A primeira cita será unha conferencia do presidente da asociación Lobo Marley, Luis Miguel Domínguez, sobre o proxecto que ten en marcha este colectivo cidadán comprometido coa supervivencia e protección do lobo ibérico. Luis Miguel Domínguez Mencía é un naturalista director de series de televisión como Bio-diari. A cita é as 20.00 horas na propia Aula da Natureza.
As actividades deste servizo da Concellería de Educación para conmemorar a súa apertura -foi un 4 de outubro-, continuarán o sábado coa I Xornada de Anfibios e Réptiles no outono, que dirixirá o experto Alberto Ribera Saeta e que terá a súa saída as 10.00 horas.
O mércores 1 de outubro, ás 21.00 horas, desenvolverase unha observación da constelación Cisne, potenciando a ruta das constelacións, dende Reza polo Paseo das Ninfas, en colaboración coa Asociación Astronómica Ourensá. O venres está prevista unha charla sobre bioconstrución, dirixida por Carlos Miguélez, as 20.00 horas; o sábado día 4 de outubro haberá unha xornada de observación de aves dende o Tinteiro e o martes, 7 de outubro, un obradoiro de ecoloxía de outono.

No hay comentarios:

Publicar un comentario