jueves, 22 de enero de 2015

Compostaje , compostaxe

Seguro que sabedes que a R máis importante non é a de reciclar se non a de REDUCIR
Por iso desde o Aula da natureza do río Miño e con a colaboración de Amigos da terra estamos moi interesadas en amosar xeitos doados e prácticos de diminuír a cantidade de lixo, e, neste caso, a través da compostaxe.

O Compostaxe doméstico é a aplicación das técnicas de compostaxe aos residuos orgánicos orixinados no ámbito doméstico, principalmente procedentes da preparación de alimentos, da recolleita de residuos humanos ou animais, e do mantemento dunha horta e/ou xardín particular.1 Só abarca o tratamento de residuos que non son perigosos. Utilízanse técnicas sinxelas, baseadas principalmente no uso de compostadoras e a acción de distintos organismos vivos sobre os residuos. O resultado do compostaje doméstico é un produto denominado compost que ten múltiples aplicacións para o abonado natural e o tratamento dos terreos.

A aplicación destas técnicas teñen consecuencias medioambientales positivas, sobre todo no relacionado co tratamento de residuos e xestión de vertederos e a emisión de gases de efecto invernadero relacionada co transporte.

Amigos da Terra publica un estudo sobre as emisións producidas por diferentes sistemas de xestión da fracción orgánica dos residuos en Galicia, 
Os resultados obtidos mostran que Galicia poderían aforrar ata 14.000 toneladas de CO2equivalente /ano, se a fracción orgánica dos residuos se xestionara mediante a compostaxe a partir da materia orgánica separada selectivamente. Estas cifras equivalen ao que emiten 7.000 vehículos turismo circulando 15.000 Km. 

Se a práctica que se puxese en marcha fose a compostaxe doméstica ou descentralizada, o aforro sería aínda maior, xa que este sistema de xestión non provoca emisións significativas.

Desde Amigos da Terra consideramos estes resultados un argumento máis aos xa existentes (mellora na calidade do compost, aforro de recursos, avances cara á economía circular, incremento de postos de emprego, etc.), para a implantación da separación selectiva da fracción orgánica dos residuos no Estado Español, co fin de realizar compostaxe.

Non podemos seguir vertendo e incinerando os nosos recursos en forma de residuos se queremos acadar unha economía realmente circular.

Segundo María Durán, responsable do área de recursos naturais e residuos de Amigos da Terra, “non podemos permitirnos agardar máis tempo para cambiar o modelo de xestión dos nosos residuos orgánicos. É necesario que deixemos de vertelos e queimalos, para recuperar a materia orgánica contida neles, tan necesaria para a fertilidade dos nosos solos.”

É necesario o compromiso de administracións públicas e empresas responsables da xestión dos residuos, para poñer en marcha a separación selectiva da materia orgánica. Este estudo aporta un argumento máis para implantala. A compostaxe doméstica é complementaria a esta práctica, e debería ser posta en valor, debido aos bos resultado que aporta.

Xa existen varias rexións no noso país que realizan a separación da materia orgánica contida nos residuos, como Cataluña, Guipuzkoa, Córdoba ou Navarra, con diferentes métodos de recollida desta fracción, pero con resultados viables económica e ambientalmente.

E tamén numerosos Concellos comprometidos coa práctica da compostaxe, que progresivamente tentan introducir a todos os seus veciños nesta alternativa, como é o caso do Concello de Camariñas, que en un só ano implicou a máis de 100 veciños na xestión dos seus residuos orgánicos e manteñen unha forte aposta por seguir aumentando este número.

Cunha axeitada xestión da materia orgánica (separación selectiva e compostaxe), e un incremento nas porcentaxes de redución, preparación para a reutilización e reciclaxe do resto de fraccións, a incineración mostraríase innecesaria, custosa e con elevados impactos ambientais e para a saúde.

Amigos da Terra fará envío deste estudio aos decisores políticos galegos, poñendo nas súas mesas datos que demostran que urxe un cambio no modelo galego de xestión de residuos.

Data: martes 27 de xaneiro do 2015
Hora: 16:00 a 17:00
A actividade é de balde
Organizan: Aula da natureza do río Miño e Amigos da terra
Contacto: 988510781 e aulanatureza@ourense.es


No hay comentarios:

Publicar un comentario