jueves, 29 de enero de 2015

construccion de invernadero de botellas de plastico

Un invernadoiro (ou invernáculo) é un lugar pechado, estático e accesible a pé, que se destina á produción de cultivos, dotado habitualmente dunha cuberta exterior translúcida de vidro ou plástico, que permite o control da temperatura, a humidade e outros factores ambientais para favorecer o desenvolvemento das plantas. Na xardinaría antiga española, o invernadoiro chamábase estufa fría.

Aproveita o efecto producido pola radiación solar que, ao atravesar un vidro ou outro material translúcido, quenta os obxectos que hai dentro; estes, á súa vez, emiten radiación infravermella, cunha lonxitude de onda maior que a solar, polo cal non poden atravesar os vidros ao seu regreso quedando atrapados e producindo o quentamento. As emisións do sol cara á terra son en onda curta mentres que da terra ao exterior son en onda longa. A radiación visible pode traspasar o vidro mentres que unha parte da infravermella non o pode facer.

O cristal ou plástico usado para un invernadoiro traballa como medio selectivo da transmisión para diversas frecuencias espectrais, e o seu efecto é atrapar enerxía dentro do invernadoiro, que quenta o ambiente interior. Tamén serve para evitar a perda de calor por convección. Isto pode ser demostrado abrindo unha ventá pequena preto da azotea dun invernadoiro: a temperatura cae considerablemente. Este principio é a base do sistema de arrefriamento automático autoventilación.


Vista panorámica do interior dun invernadoiro nos Kew Gardens, Londres.
En ausencia dun recubrimento, a calor absorbida eliminaríase por correntes convectivas e pola emisión de radiación infravermella (lonxitude de onda inferior á visible). A presenza dos cristais ou plásticos impide o transporte da calor acumulada cara ao exterior por convección e obstrúe a saída dunha parte da radiación infravermella. O efecto neto é a acumulación de calor e o aumento da temperatura do recinto. Ver invernadoiro solar (técnica) para unha discusión máis detallada sobre traballos técnica de invernadoiro solar.


Polas características dos nosos alumnos, compartimos con eles moitas
horas de práctica nas dúas orientacións, Construción e Horta Orgánica.
Eles necesitan vivir, experimentar as distintas situacións para
comprendelas; é só aí cando poden fixar conceptos, e é un logro cando o
alumnado pode poñer en palabras esas situacións vividas.
Polo exposto decídese comezar co presente proxecto tecnolóxico, para
satisfacer unha necesidade da horta da escola, a construción dun invernadoiro
con botellas de plástico descartables.
Formúlase o seguinte problema:
Que facemos ante a chegada do inverno coas novas sementeiras
para que non xeen?
Trazáronse os seguintes obxectivos:
. Identificar e seleccionar os elementos que se poden reciclar para a
construción dun invernadoiro.
. Construír un invernadoiro con material reciclado.
. Valorar a importancia de reciclar en relación co coidado do medio
ambiente.
Da análise da entrevista e das diferentes fontes de información (libros,
revistas, Internet), xorden as seguintes alternativas de solución:
. Construír un invernadoiro con canas e nailon.
. Construír un invernadoiro de ladrillos con ventás grandes.
Elixíndose a seguinte como máis óptima:
Construír un invernadoiro na horta da nosa escola a baixo custo,
coidando o medio seguindo o proxecto anterior con botellas de
plástico descartables.

Como Marco teórico traballáronse os seguintes conceptos:
Mundo Natural: As flores, as árbores, os animais, a auga, as persoas, etc
pertencen ao mundo natural. A natureza.
Mundo Artificial: Os obxectos artificiais ou tecnolóxicos son as mesas, os lapis, os
xoguetes, as ferramentas, etc., son fabricados polo home.
Tecnoloxía: Todo o que fabrica o home, dominando a natureza a través de
máquinas e ferramentas para satisfacer necesidades.
Efecto invernadoiro: A terra quéntase grazas á enerxía do sol. Cando esta
enerxía chega á atmosfera, unha parte é reflectida de novo ao espazo, outra pequena parte é absorbida, e a restante chega á terra e quenta a superficie. Pero cando a terra reflicte á súa vez a enerxía cara á atmosfera, acontece algo diferente. En lugar de atravesala e chegar ao espazo, os gases da atmosfera absorben unha gran parte de esta enerxía. Isto contribúe a manter quente o planeta.
Reciclar: Volver utilizar dalgún xeito algún obxecto en desuso en lugar de tiralo.
Medio: O medio é un sistema formado por elementos naturais e artificiais que están interrelacionados e que son modificados pola acción humana.
Viveiro: Terreo no que se plantan árbores pequenas e outras especies vexetais
para que crezan.
Invernadoiro: un invernadoiro é unha construción que mantén as plantas en
ambiente cálido para que poidan crecer. Está deseñado para atraer a luz do sol e
captar a calor solar.

Recursos e Metodoloxía:
Recursos materiais:
. Materiais: botellas descartables, arame, postes de madeira, nailon, cemento,
area, pedra, terra.
. Ferramentas: pas, pico, baldes, culler de albanel, chumbada, fita métrica,
pinza, tenaces, punzóns, nivel de man, mangueira de nivelar.
. Materiais de información.
Recursos humanos:
. Docentes
. Alumnos
. Especialista
. Asistente social
Metodoloxía:
. Pasos do proxecto tecnolóxico:
1.- Identificación do problema: Detección da situación problemática.
2.- Formular e analizar o problema: Definición e análise do problema.
3.- Buscar alternativas de solución: Busca e estudo de antecedentes.
4.- Selección dunha solución. Xeración de alternativas - Construción de
prototipos - Deseño da acción a realizar.
5.- Avaliar a solución respecto de que se é viable ou non desde o punto de vista
tecnolóxico como económico; e analízanse os recursos dispoñibles.
6.- Presentar a solución. PRODUTO TECNOLÓXICO. Construción.
7.- Avaliación do produto - Conclusións.

Vantaxes do invernadoiro construído con botellas de plástico:
- É económico.
- As botellas poden ser substituídas.
- É de doada construción.
- As botellas dispostas en forma de columna permiten formar unha cámara de aire
que tempera as condicións climáticas.
- A reciclaxe de botellas de plástico descartables contribúe a diminuír a
contaminación ambiental.
-É moito máis resistente que o polietileno ante a acción do vento, golpes, raións ou puntadas.
Desvantaxes do invernadoiro construído con botellas de plástico:
- Se se queimar sería altamente contaminante.

Lugar: Aula da natureza do rio Miño 
Dia: 7 de febreiro
Hora. 10:00 a 13:00
Colabora: Milfhor
Pidese a máxima colaboración

http://auladanaturezadoriominho.blogspot.com.es/
http://www.educacionourense.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario