lunes, 23 de febrero de 2015

Curso Fotografia

Curso orientado a persoas que queren iniciarse no mundo da fotografía e adquirir os coñecementos básicos para poder facer fotos de calidade. Trátanse temas como o manexo da cámara (obturador /diafragma) a exposición, o enfoque e o encadre.

Temario

Cámara/Tecnoloxía. Coñecementos técnicos imprescindibles e de uso constante na práctica profesional: natureza da luz, as distintas partes dunha cámara, materiais sensibles, ópticas, sensor de imaxe. Así se obterá os coñecementos e habilidades precisos para desenvolverse correctamente e facer bo uso da máquina digital.

Iluminación. Esta asignatura aborda o comportamento da luz desde un punto de vista práctico e sen esquecer a vertente estética e expresiva.

Composición. O alumno aprenderá a compoñer e a encadrar, elementos de uso constante na realización de calquera fotografía. A regra dos catro terzos, composicións panorámicas, etc.

Prácticas. Realizaranse prácticas durante o curso en varias ocasións, para poder aplicar todo o mencionado nas clases.

Día 7 de marzo de 2015
Hora 10:00 a 14:00 
Lugar Aula da natureza do rio Miño
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, coordinador da Aula da natureza do río Miño
Telefeno 988510781 , correo electronico aulanatureza@ourense.es
Colabora Bilurico

No hay comentarios:

Publicar un comentario