O día 27 de setembro celebraremos a oitava edición da Limpeza Simultánea de Ríos. Esta actividade ten o obxectivo de concienciar á sociedade da necesidade de que os nosos ríos estean ben conservados, e a presenza de lixo é unha ameaza constante que sofren os cursos fluviais.
Se a túa entidade, concello, centro de ensino, etc. está interesado en participar nesta nova actuación ponte en contacto con nós: 981 57 00 99 / 619 672 038. Ou a través do e-mail: pacobanhobre@adega.gal
quercus_sonora_reducida.jp
Este ano queremos volver a contar coa vosa axuda para levar a cabo a VIII xornada de limpeza simultánea en ríos.
Como en anos anteriores, o Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar e tamén repartiremos as tradicionais camisetas para o voluntariado.
OBSERVACIÓNS
A actividade podera ser modificadas por causa externas e alleas á organización.
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n.
Dirixido:Todo o mundo.
Grupos: No superior a 20 .
Periodización: O día 27 setembro Horario: de 17:30 a 19:30 h
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño.
Teléfono: 988510781
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
Aula da natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira S/n. Tel. 988510781
No hay comentarios:
Publicar un comentario