jueves, 24 de septiembre de 2015

VIII Limpeza Simultánea de Ríos



VIII Limpeza Simultánea de Ríos

O día 27 de setembro celebraremos a oitava edición da Limpeza
Simultánea de Ríos. Esta actividade ten o obxectivo de concienciar á
sociedade da necesidade de que os nosos ríos estean ben conservados, e
a presenza de lixo é unha ameaza constante que sofren os cursos
fluviais.

Se a túa entidade, concello, centro de ensino, etc. está interesado
en participar nesta nova actuación ponte en contacto con nós: 981 57
00 99 / 619 672 038. Ou a través do e-mail: pacobanhobre@adega.gal
quercus_sonora_reducida.jpgGrazas á colaboración de 54 entidades o
pasado ano, retiráronse máis de 12 Tn. de lixo e participaron un total
de 540 voluntarias/os de 43 concellos en 49 ríos en toda Galicia. O
máis importante é que ano tras ano conseguimos concienciar un pouco
máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de
residuos como premisa para a conservación da súa saúde.

Este ano queremos volver a contar coa vosa axuda para levar a cabo a
VIII xornada de limpeza simultánea en ríos.
Como en anos anteriores, o Proxecto Ríos entregará aos grupos
participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e
respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces
divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar e tamén repartiremos as tradicionais camisetas para o voluntariado. 27 de septiembre a las 17:35 a las 19:35 Aula da Natureza do río Miño Paseo fluvial de Oira S/N, 32001 Orense

No hay comentarios:

Publicar un comentario