martes, 3 de noviembre de 2015

"Banco máis triste "


A carón do "Banco máis triste " da Igrexa dos Mouros e moi preto da
Pena Muller en pleno corazón do Larouco, imos comezar os traballos que
minimicen os estragos co lume produciu neste verán. Queremos unha serra
verde e con vida, elo precisa da nosa axuda.

Sairemos ás 10 da mañá do local social de Lucenza (Cualedro) entre
outras accións organizaremos un pequeno obradoiro forestal para:

1.- Crear barreiras contra a erosión.
2.- Plantación e sementeira de árbores.
3.- Limpeza e arranxo dunha fonte.
4.- Limpeza e arranxo da área de lecer e da contorna da Pena Muller.
5.- Recollida de lixo.
6.- Limpeza de noiros e encauzamento das augas.
7.- Magosto na serra e xornada de convivencia.

Precisamos da túa axuda e colaboración.

O sábado día 7 podes axudarnos a facer este pequeno acto de desagravio
a tan maltratada natureza, axudarnos ao comezo da restauración e
recuperación da vida na serra.

Lembra levar comida e bebida para o xantar, ao magosto invitamos nós.

Para apuntarte chama aos teléfonos 988374318  ou envia un email a
voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

Organiza: AA VV Lucenza  co apoio de Amigos da Terra

--
sinatura Amigos da Terra

  [1]

 Patricia Iglesias

 Voluntariado e Coordinación

Amigos da Terra Galicia - Membro de Friends of the Earth International

Rúa Bedoia, 5 - 2º D. 32003 Ourense
TEL. [+34] 988 374318
Fax. [+34] 988 511020
 voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

No hay comentarios:

Publicar un comentario