miércoles, 2 de diciembre de 2015

VACACIÓNS DE NADAL 2015-2016

Vacacións de Nadal
Data inicio: 21/12/2015 Data fin: 07/01/2016
VACACIÓNS DE NADAL
Descrición
Actividade na que se pretende reutilizar todo tipo de materiais para facer xoguetes. Reciclaranse e faranse xoguetes con cousas para tirar.

Obxectivos
Coñecer as tres R: Reciclar, Reutilizar e Reducir.
Insistir sobre a importancia da redución de residuos (envases), Reutilización e Reciclaxe cando sexa posible dos residuos e tamén coñecer as fases da reciclaxe resaltando a importancia da separación en orixe.
Concienciar aos nenos e a os pais das vantaxes que ten a reciclaxe no medio ambiente.
Buscar outro uso para as cousas que non utilizamos.
Estimular os rapaces para que desenvolvan a súa imaxinación artística.

DIRIXIDO A

Alumnado de EP
Grupos: Máximo 20 persoas
Periodización Os días das actividades serán 21, 22, 23, 28, 29, 30 de decembro de 2015 e 4 e 5 pola maña de xaneiro de 2016
Horario: de 10:00 a 13:00h ou de 16:00 a 19:00h

Lugar de realización: Aula da Natureza do río Miño
Achegas da Concellería de Educación: material e persoal
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada(988510781 aulanatureza@ourense.es)

Lugar de inscrición na Aula da natureza do río Miño.

Inscrición do 1 ao 20 de decembro: Tasa 10 euros

Aula da natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira S/n. Tel. 988510781
Non se admitirán ingresios bancarios sen a inscrición previa na Aula da Natureza.
Ingreso no número de conta de Abanca 85 ES 2080 5251 40 3111391114
Concepto:aula da natureza. Obradoiro de nadal

No hay comentarios:

Publicar un comentario