lunes, 25 de enero de 2016

Dias dos humedais 2016



O 2 de febreiro de cada ano é o Día Mundial dos Húmidas e nel conmemorase a data na que se adoptou a Convención sobre os Humedais de Ramsar 1971.
O Convenio Mundial RAMSAR de Conservación dos Humedais, (do cal España é parte), baixo o lema "Humedais para o noso futuro: Medios de vida sustentables". Este ano elixiuse este tema para demostrar o papel esencial que desempeñan os humidais para o futuro da humanidade e particularmente a súa relevancia para o logro dos novos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

Os humedais proporcionan á humanidade numerosos servizos imprescindibles para a vida humana e para o equilibrio do Planeta: non só regulan o clima, os ciclos da auga ou, como no caso de Galicia, son unha importante fonte de traballo e de economía sostible, grazas á súa enorme produtividade marisqueira e pesqueira.

No Día Mundial dos Humedais, Amigos da Terra quere recordar a necesidade de promover en Galicia un modelo de desenvolvemento baseado no uso sostible dos nosos valiosos humedais, en vez da súa destrución destes espazos que dende os anos 50 do século pasado perdéronse ó 60% da súa superficie.
Roteiro polo Río Loña,  en Ourense.  Sábado 30 de xaneiro

Co gallo da conmemoración do 45 aniversario do Convenio Ramsar, Amigos da Terra celebra un ano máis o día dos humedais, en colaboración coa Aula de Natureza do río Miño, e o naturalista Alberto Rivero Saeta. Realizaremos unha saída polas ribeiras do Río Loña ao seu paso polo concello de Ourense, para o sábado 30 de xaneiro pola mañá.

Estableceranse dous puntos de encontro,  dende a Aula de Natureza de Oira, sairemos ás 10:00 horas  para ir ata o encoro de Cachamuiña onde empezaremos a actividade as 10:30, ou ben querademos directamente ás 10:30 no encoro de Cachamuiña. Dende aqui iremos de paseo, dunhas tres horas, polas ribeiras do río Loña


No percorrido, e coa axuda inestimable de Alberto Rivero, aproveitaremos para coñecer un pouco mellor a flora e a fauna dos nosos ríos. Tamén faremos fincapé nos diferentes estadíos de conservación dos ecosistemas de ribeira que teremos a oportunidade de comparar.
Aconsellamos o uso de calzado cómodo e traer prismáticos e guías de aves, se dispoñendes deles.
Para máis información contactar con voluntariado.galicia@amigosdaterra.net     aulanatureza@ourense.es

http://amigosdaterra.net/
Telf. 988 374 318



No hay comentarios:

Publicar un comentario