martes, 19 de abril de 2016

IV XORNADAS HERPETOLÓXICAS OURENSÁS: Ourense capital herpetolóxica de Galicia.

IV XORNADAS HERPETOLÓXICAS OURENSÁS: Ourense capital herpetolóxica de Galicia.

Ourense é a capital de provincia galega con maior número de especies de anfibios e réptiles,
 este feito, pouco coñecido polos seus habitantes, fan necesario un esforzo por parte de todos
 para a conservación e a divulgación desta riqueza. 
Con tal fin, o Concello de Ourense, a través da Aula da Natureza do río Miño, convídavos a participar en catro xornadas de achega ás poboacións de anfibios e réptiles do concello de Ourense. 
Estas xornadas buscan sensibiliza-la poboación ourensá na conservación dos hérpetos
 (anfibios e réptiles) que moitas veces causan repulsión e medo, totalmente inxustificado. asemade pescudamo-la promoción desta riqueza faunística entre aquelas persoas
interesadas no mundo dos anfibios e réptiles habitantes doutros puntos do país. 
Como xa mecionamos as xornadas serán catro, unha cada duas semanas, entre os meses 
de abril e maio de 2016,con temática variada e unha duración aproximada de catro horas, se queredes podedes asistir a todas, ou somentes a aqulas na que estexades interesados. 

Xornada 1:
Sábado 23 de abril de 2016 de 10 a 14 horas.
Punto de encontro: Aula da natureza do río Miño (Oira).

Xornada 2:
Sábado  de 21  maio de 2016 de 10 a 14 horas.
Punto de Encontro: Aula da Natureza do río Miño (Oira).

Guiados polo bichero Alberto Rivero Saeta  http://faunagallaecia.blogspot.com.es/

A actividade é totalmente gratuíta. As xornadas están dirixidas a todo tipo de público, 
infantil ou adulto, expertos ou totalmente profanos nesta temática.

Aula da natureza do río Miño
paseo de  fluvial de Oira s/n
Ourense 32001
aulanatureza@ourense.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario