viernes, 26 de agosto de 2016

Actividades de septiembre

+VERÁN 2016
ACTIVIDADES SETEMBRO 2016

Actividades SETEMBRO 2016 Aula da Natureza do río Miño
É importante concienciar os nenos da importancia da conservación do medio ambiente e da directa implicación deste na nosa vida e saúde como parte integrante que somos del.
Coñecer, gozar e defender o noso ambiente máis próximo son as liñas xerais que traballamos a través das distintas actividades que se levan a cabo no mes de xullo e agosto na Aula da Natureza, situada no paseo fluvial de Oira.
Estas actividades van dende a flora e fauna propia da nosa provincia ata actividades de reciclaxe, pasando pola importancia da pesca, da astronomía, da orientación, do cambio climático, da xardinería... e moitas actividades máis que se mencionan no programa de actividades que detallamos máis adiante.
Obxetivos
1-Coñecer, gozar e defender o noso contorno natural: flora, fauna e aspectos de xardinería, estendendo as posibilidades de uso ás actividades cotiáns.
2-Aprender a utilizar e dar unha segunda vida a materiais que son reutilizables.
3-Concienciar da necesidade de realizar reciclaxe.
4-Gozar do contorno e comprender a oferta lúdica que representa, ademais de fomentar o respecto mutuo e a convivencia no desenvolvemento das actividades.
5-Posibilitar un comportamento cotián acorde coa postura de defensa e recuperación do equilibrio ecolóxico.
6-Fomentar diversos xogos populares.
7-Coñecer a importancia da auga para a vida, a saúde e o desenvolvemento.
8-Concienciar do cambio climático.
9-Conciliar a vida familiar e a vida laboral.
10-Fomentar actitudes de compañeirismo entre os nenos e nenas que acoden á aula.


Todas as actividades poderán ser modificadas por causa externas e alleas á organización.
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n.
Dirixido: Nenos/as de 5 a 13 anos.
Grupos: No superior a 20 nenos/as.
Periodización: 1 ata 9 de setembro do 2016
Horario: de 10:00 a 13:00 o de 17:00 a 19:00 de luns a venres.
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño.
Teléfono: 988510781
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
A ACTIVIDADE COSTA 10€  POR RAPAZ



1 de setembro de 2016
10:00 a 13:00  Coñece os teus cans. APMOU
17:00 a 19:00 TRES r

2 de setembro de 2016
10:00 a 13:00
 Fundación Xoaquin Lorenzo. Diputacion de Ourense
17:00 a 19:00 Decoración e adpatación de pales para usarlos de
maceteros na aula

5 de setembro de 2016
10:00 a 13:00  Arte da cetrería,
17:00 a 19:00 Decoración e adpatación de pales para usarlos de
maceteros na aula

 6 de setembro de 2016
10:00 a 13:00  Horto, con Xusto Veloso
 17:00 a 19:00 Decoración e adpatación de pales para usarlos de
maceteros na aula

7  de setembro de 2016
10:00 a 13:00 Clara, la defensora dos amimais
17:00 a 19:00 Decoración e adpatación de pales para usarlos de
maceteros na aula

8 de setembro de 2016
10:00 a 13:00 Obradoiro
17:00 a 19:00 Decoración e adpatación de pales para usarlos de
maceteros na aula

9 de setembro de 2016
10:00 a 13:00  Aves, Bilurico
17:00 a 19:00 Pechado




No hay comentarios:

Publicar un comentario