jueves, 13 de febrero de 2020

Actividades de Divulgación sobre os Mamiferos Carnivoros


Descrición
A actividade tradicional no rural de Galicia implica, historicamente relacións cos outros habitantes do medio natural, a fauna silvestre.
A mitoloxía e a sabedoría popular xunto co descoñecemento, non axudou moitas veces, a que a fauna silvestre e o ser humano habiten en harmonía.
Desta volta, tentaremos axudar a descubrir un mundo descoñecido, pero moi próximo a nós. Afondaremos na realidade, procurando desmentir a mitoloxía sobre estas especies.
Ademais, aportarase información que axude a entender a súa presenza, cando antes non eramos conscientes dela. 
Tamén a través de exemplos concretos, observaremos aquelas especies mais características do noso ambiente e a súa función nos ecosistemas.
Con todo isto preténdese, acentuar no valor engadido que supón vivir nun entorno con alto grado de biodiversidade, e como se pode convivir ca mesma dun modo equilibrado.

Obxectivos
1.Coñecer que son e quen son os mamíferos carnívoros
2.Desmentir mitos e lendas asociadas a estes animais.
3.Dar a coñecer a biodiversidade asociada ao home.

Actividades
A. Realizaranse unha serie de sesións divulgadoras dirixidas aos diversos rangos de idades.
Sesións para escolares (ata 10 anos): Charla orientada, sobre a bioloxía e curiosidades dos mamíferos carnívoros (30 min). Talleres relacionadas cos mamíferos carnívoros. Máximo 25-30 nenos (1 – 2 horas): Traballos manuais, realizados principalmente con material de refugallo.



Destinatarios/as  a actividade adecuara a idade dos alumnos
Lugar Aula da natureza do río Miño.Paseo fluvial de Oira s/n
Grupos non superiores a 25 persoas
Dia:18 de marzo
Horario: de 10:00 a 13:00 de febreiro.
Duración: 90 minutos
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada
Tfno: 988510781 
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

https://www.instagram.com/aula_da_natureza_do_rio_mino/

No hay comentarios:

Publicar un comentario