miércoles, 26 de enero de 2011

Aula da natureza do río Miño

AULA DA NATUREZA DO RIO MIÑO.(traduciremos al castellano en breve)


A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.

A Educación Ambiental concíbese como un proceso permanente en que os individuos e a colectividade cobran consciencia do seu medio e adquiren os coñecementos, os valores, as competencias, a experiencia e tamén a vontade, capaces de facelos actuar, individual e colectivamente, para resolver os problemas actuais e futuros do medio ambiente".

Esta definición oficial ben pode servir de punto de partida para explicar o que a Educación do Concello de Ourense pretende conseguir coa creación da Aula da Natureza, xa que expón con claridade cal é o obxectivo final da Educación Ambiental, que resumimos nunha soa idea: intervención da xente na resolución dos problemas ambientais.

Obxetivos da Aula da Natureza do río Miño.

1. Coordinación Intersectorial e Interinstitucional.
2. Inclusión da Educacion Ambiental na Educacion Formal e Non formal
3. Participacion Ciudada.
4. Investigación.
5. Formación de Educadores Ambientais.
6. Diseño, implementación, apoio e promoción de plans e accions de comunicacion e divulgación.
Preguntas que cada quen debe facerse a si mesmo:

Que é unha aula da natureza?
Que era un museo fai 200 anos?
Que é un museo na actualidade?
Que será unha aula da natureza dentro de 200 anos?
Existirá a natureza dentro de 200 anos?

HORARIO

De xaneiro a maio: 10.00 – 13.00 h / 16.00 – 19.00 h (de luns a venres).
De xuño a setembro: 10.00 – 13.00 h / 17.00 – 20.00 h (de luns a venres).
De outubro a decembro: 10.00 – 13.00 h / 16.00 – 19.00 (de luns a venres).

Todolos días son importantes para a natureza ainda que temos marcados no calendario.
Día da Educación Medioambiental: 26 de xaneiro
Día dos humedais: 5 de febreiro.
Día da Árbore: 20 de marzo.
Día da Auga: 22 de marzo.
Día da Terra: 22 de abril.
Día da Reciclaxe: 17 de maio.
Día dos Parques Naturais: 20 de maio.
Día da Biodiversidade: 22 de maio.
Día da Enerxía: 29 de maio.
Día do Medio Ambiente: 5 de xuño.
Día sen coches: 22 de setembro.
Día dos Parques Nacionais: 6 de novembro.
Día dos bosques autóctonos: 23 de novembro.
Día do Voluntariado: 5 de decembro.
Día da montaña: 10 de decembro

Dirección: Paseo fluvial de Oira s/n. 32001. Ourense.
Telefono de atención: Aula da Natureza do río Miño 988510781 ó Concelleria de Educación 988388136.
Correo electronico: aulanatureza@ourense.es
Web: www.ourense.es / http://www.facebook.com/pages/Orense-Spain/Aula-da-Natureza-do-rio-Mino/191674821502?ref=search

No hay comentarios:

Publicar un comentario