miércoles, 26 de enero de 2011

Dia de los humedales


Co gallo da conmemoración do 40 aniversario do Convenio Ramsar, dende a Aula da Natureza do río Miño querémosvos convidar á realizar unha saída ornitolóxica pola ribeira do río Miño ao seu paso polo concello de Ourense.

Seguindo as recomendacións emitidas pola SEO de este ano, que aconsellan facer fincapé na conservación e estudio da vexetación de ribeira para contextualizalo no presente ano 2011, o "ano dos bosques", faremos fincapé nos diferentes estadíos de conservación da vexetación de ribeira no contexto local.

A saída terá lugar o vindeiro sábado día 5 de febreiro de 2011. Partiremos ás 10 da mañá dende a Aula da Natureza do río Miño en Oira (Ourense), a pé, visitando as zonas termais da cidade (A Chavasqueira e Outariz), e observando as aves acuática invernantes na Depresión Ourensá, chegando ata o observatorio ornitolóxico de Untes, onde daremos volta, rematando a actividade entre as 18:30 e as 19:00 h.

Para aqueles que o desexen recoméndase o seguinte material:

Binóculos e caderno de campo.
Calzado cómodo.
Roupa de abrigo.
Bocadillo e bebida.

Aqueles que o desexen poderán facer uso dar termas públicas situadas en Outariz, polo que si queredes podedes traer toalla e bañador.

Para a volta existe servicio de transporte público, tanto bus urbán, coma o popular tren turístico das termas, cun prezo que oscila entre os 80 cents. e 1 E.

Para apuntarvos na actividade podedes chamar ao telf: 988 510781 ( Aula da natureza do río Miño) ou ao 988 605422 ( a atención de Alberto).
Ou ben enviando un correo a calquera das seguintes direccións:

aulanatureza@ourense.es.

1 comentario: