miércoles, 30 de marzo de 2011

Castro de Marce e fervenza de Augacaída

PASEOS DE PRIMAVERA 2011

Castro de Marce e fervenza de Augacaída
Data: 03-04-2011
Localización: Ferreira de Pantón (Lugo)
...Lonxitude e dificultade da ruta: 4.800 m. aprox. (ida e volta ). Dificultade media-baixa, cun treito de 200 m. (optativo) de dificultade alta para baixar á fervenza.
Trátase dunha ruta de ida e volta, sinalizada, que comeza e remata á veira da estrada CP 41-07, uns 200 m. antes do pobo de Marce (Ferreira de Pantón.Lugo)
O camiño de ida non presenta maiores dificultades e ten lixeira pendente descendente polo que á volta teremos que ascender… lixeiramente. Hai un treito de uns 200m.(optativo) de forte descenso que nos achegará á auga que cae pola fervenza. Neste caso non teremos escalerilla como en Vilardevós. Augacaída é máis salvaxe!! Aquí teremos que conformarnos con baixar, en fila india entre pelouros de granito, agarrados a unha “cuerdecilla”. Recomendable calzado resistente e sombreiro en caso de que o tempo sexa soleado ou chova (hai gorros impermeables). Chuvasqueiro ou paraguas se chove. Ambas as dúas cousas se non está claro. De facer moita calor….recomendo bañador.
Distancia desde Ourense: ao inicio do paseo: 40 qm. pola N-120 desviándonos á dereita, dirección Marce, ao chegar ao alto de Guítara.
Características: Iniciaremos o paseo desde a estrada CP 41-07 ( Lon. 7º 42´ 10.79´´ W. Lat. 42º 30´ 54.53´´N. Alt. 410 m. ), a uns 300 m. antes do pobo de Marce. Acabaremos o paseo no mesmo lugar.
O camiño, ancho e en bastante bon estado, discorre en suave descenso entre carballos e outras especies. Pouco antes de chegar ao castro de Marce (Alt. 302 m.) o camiño faise sendeiro e presenta un treito algo peor pero sen complicacións. Compre cruzar dous pequenos regos de auga. O castro atópase arruinado pero pódense apreciar restos dos muros. A altura do lugar sobre o río fai que as vistas do Miño desde este punto sexan únicas.
Visitado o castro retrocederemos polo mesmo camiño até unhas viñas onde comeza a baixada á fervenza de Augacaída. Trátase dun sendeiro que descende entre árbores, suavemente ao principio pero moi intensamente nos últimos 200 m. Neste último treito o piso é de pedras irregulares sobre as que teremos que pisar. Hai unhas cordas suxeitas as árbores para poder agarrarse. A baixada non é perigosa si se fai con precaución e chega ao pé da auga que cae desde unha altura duns 40m. Se algunha persoa non desexa baixar pode agardar no alto ou ir regresando ao punto de inicio.
A volta será polo mesmo camiño da ida e calculo que necesitaremos unhas 2,30h. en total.
Sobre as 13,15h. o bus levaranos xantar a Ferreira de Pantón, pasando pola igrexa rómanica de San Miguel de Eiré, onde faremos unha paradiña para contemplar esta pequena xoia do románico da Ribeira Sacra lucense.
Programa:
- 9,45h: Saída (Parada Bus) Parque de San Lázaro.
- 10,00h: Saída Oira: Aula da Natureza.
- 10,45h: Marce (Ferreira de Pantón). Inicio paseo.
- 13,15h: Marce (Ferreira de Pantón). Final paseo. Bus.
- 13,30h: Pequena parada en San Miguel de Eiré (Ferreira de Pantón).
- 14,00h: Xantar en Ferreira de Pantón (1)
- 16,15h: Regreso a Ourense.
- 17,00h: Chegada a Ourense.

Outros datos:
Se desexades máis información podedes visitar os seguintes enlaces:
http://www.concellodepanton.com/rutas_augacaida.php
http://www.concellodepanton.com/iglesias_sanmigueleire.php
http://supraventur.mforos.com/1644708/8940404-cascada-de-augacaida-fervenza-de-augacaida/

No hay comentarios:

Publicar un comentario