miércoles, 30 de marzo de 2011

SACRE

SACRE

Data inicio: 15/04/2011 Data fin: 15/04/2011


As poboacións de aves están sometidas a flutuacións constantes debido a
causas naturais e ao impacto das actividades humanas.
SEO/BirdLife desenvolve diferentes programas de seguimento para coñecer o
...estado das poboacións de aves e poder detectar estes cambios. O obxectivo
é obter as tendencias das distintas especies mediante estes programas, así
como realizar censos de todas aquelas que non se cuantificaron de forma
precisa ningunha vez ou que hai tempo que non se fai.
Esta información é básica e fundamental para presentar a estratexia de
conservación máis adecuada en cada caso.
Os programas de seguimento a longo prazo (SACRE, NOCTUA e PASER) e moitos
dos censos específicos realízanse grazas á participación de centos de
voluntarios.

SACRE Primavera
O Seu obxectivo é obter as tendencias poboacións das aves comúns
reprodutoras a través de censos anuais nos mesmos puntos. Realízase coa
participación de voluntariado en toda España entre o 15 de abril e o 15 de
xuño.
Este programa comezou a funcionar no ano 1996 e desde entón foi medrando a
participación e, con iso, a calidade dos resultados obtidos.

SACRE Inverno
Co obxectivo de ampliar a información obtida das poboacións de aves
comúns, SEO/BirdLife pon en marcha o programa SACRE na tempada de inverno.
Desta forma tamén se poderá obter a tendencia de poboación de aves
invernantes.
A tempada 2008-2009 será a primeira na que se realice este programa de
seguimento. Como noutros programas de seguimento a longo prazo, os
resultados que se vaian obtendo serán máis fiables canto maior sexa o
número de participantes e o número de anos de traballo continuado.


Este programa converteuse co paso do tempo nun dos máis importantes e
participativos de cantos desenvolvemos a escala nacional, contando xa
cunha década de traballo que permitiu obter unhas primeiras e interesantes
conclusións.
As peculiaridades de Galicia con relación ao resto do territorio
aconsellan adaptar o esforzo voluntario dos participantes a unha menor
escala, de forma que os seus resultados sexan moito máis útiles de cara á
conservación das aves.

O programa SACRE en Galicia. Falaremos dos obxectivos deste programa de seguimento de aves, da metodoloxía de traballo e dos resultados de cobertura acadados ata o momento. Alexandre Justo é licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente traballa como técnico de avifauna no "Parque Natural de los Alcornocales" na provincia de Cádiz, é vogal da SGO e coordina o programa SACRE en Galicia.

Desde a tempada de 2010 contamos cun novo coordinador rexional do
proxecto. Ademais, se elaboraron fichas adaptadas a Galicia e mapas dos
distintos retículos.
Convidámoste a te sumar, dedicando dúas mañás de cada primavera para
contribuíres na conservación das aves.
Participar é fácil e só require uns coñecementos básicos na identificación
das especies de aves comúns, así como adquirir un compromiso de repetir
estas dúas xornadas matutinas todos os anos.
Desa forma porás un grao de area no importante labor que hoxe en día están
levando a cabo máis de 600 colaboradores voluntarios en todo o territorio
do Estado.

Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/nDirixido: A todo tipo de persoas
Grupos: 20 grupos, non superior a 25 persoas
Temporalización: 15 DE ABRIL
Horario: de 18:00 a 21:00
Duración: 100 MINUTOS
Achegas da Concelleria de Educacion: COA COLABORACION DE SEO/BirdLife
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Telefono: 988510781 / 988388136
Correo electronico: aulanatureza@ourense.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario