MAIOS. NATUREZA E CIDADE / Fin de semana/Centros educativos
Data inicio: 11/04/2011 Data fin: 01/05/2011
OBRADOIRO SOBRE A CIDADE E O SEU ACHEGAMENTO Á NATUREZA
APRENDE A FACER UN MAIO E A COMPOR AS TÚAS PROPIAS COPLAS
...
Todos os anos, do 1 de maio, celébrase na cidade de Ourense unha das festas con máis arraigo e máis tradicionais da provincia: a festa dos Maios. Esta festa foi declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia e cuxa orixe é a celebración da chegada da primavera.É unha celebración con moito colorido que, normalmente ao chegar acompañada do mes de maio e do bo tempo ,concentra a un gran número de visitantes que se achegan ás rúas máis céntricas da cidade, habitualmente á rúa do Paseo e da Alameda, para ver as distintas construcións que os barrios e asociacións da capital preparan durante os días anteriores.
Os Maios son construcións de flores e froitos, musgo, madeira, con formas moi diversas: cónicas, piramidais, figuracións, etc...
Organízase tamén un concurso para premiar os mellores Maios e complétanse coas tradicionais coplas e cantares que fan alusión aos acontecementos da cidade. Festa dos Maios. Os Maios é o nome dunha festa popular galega que forma parte do chamado ciclo do maio , época de exaltación da natureza ao comezo da primavera. A festa dos maios celébrase a principios de maio, aínda que o ciclo se desenvolve ata o mesmo comezo do verán na noite de san Xoán.A súa orixe está necesariamente vinculada á manipulación da natureza por parte do ser humano; neste sentido, ben pode remontarse ao período magdaleniano, momento en que xorden os primeiros rituais asociados coa recolección, ben ao neolítico, coa consolidación da agricultura e o sedentarismo.A festa coñeceu algunhas materializacións específicas en distintas culturas, asociándose á fecundidade da natureza, como a celta, grega (no culto á deusa Afrodita), a latina (con diversos xogos en honor a Ceres, Tellus, Pales, Elicius e Robigo, e sobre todo as Floralia en honor a Flora, así como a festa en honor a Maia o primeiro de maio), a sueva (co seu culto ao lume) e a cristiá (que se apropia de determinadas festas facéndoas coincidir con celebracións propias, como a festa da Santa Cruz).
XUSTIFICACIÓN: A festa dos Maios é unha festa tradicional en Galicia que celebra a chegada da primavera. En Ourense celbráse o 3 de Maio.A festa consiste en realizar diversas representacións ao redor dunha árbore ou escultura, chamada maio. Grupos de xente cantan coplas populares que tamén reciben a denominación de maios. É costume facer competicións, premiando as mellores esculturas e as mellores cantigas. Os maios consisten nunha armazón de paus ou táboas de forma cónica, recuberto de tea metálica, que se cubre de mofo, fiúncho ou herba. A armazón constrúese sobre unha plataforma que permita transportar o maio polas rúas. Sobre esta estrutura debúxanse distintos motivos con flores, follas, fentos e froitos como materiais máis habituais. O cumio remátase cunha cruz.
DESCRICIÓN: Esta actividade está baseada na elaboración dun maio e composición de coplas para levalas ao concurso o próximo 3 de maio.
OBXECTIVOS: Co fin de coñecer a fondo unha das festas tradicionais que forman parte do noso contorno propoñemos que os asistentes coñezan a tradición dos Maios e todo o proceso de elaboración de estes mentres realizan un propio. Tamén coñecerán distintas cantigas tradicionais e de nova creación e comporán as súas propias.
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Dirixido a: persoas de todas as idades
Grupo: de 15 persoas
Periodización: do 11 ao 30 de abril do 2011
Horario: de 10:00 a 13:00
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781 / 988388136 /Fax: 988388159
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
Ver más
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario