ACTIVIDADES DE SEMANA SANTA
Data inicio: 18/04/2011 Data fin: 20/04/2011
Actividades das vacacións de Semana Santa 2011 na Aula da Natureza do río Miño
É importante concienciar os nenos da importancia da conservación do medio ambiente e da directa implicación deste na nosa vida e saúde como parte integrante que somos del.
Coñecer, gozar e defender o noso ambiente máis próximo son as liñas xerais que traballamos a través das distintas actividades que se levan a cabo no da Semana Santa na Aula da Natureza, situada no paseo fluvial de Oira.
Estas actividades van dende a flora e fauna propia da nosa provincia ata actividades de reciclaxe, pasando pola importancia da pesca, da astronomía, da orientación, do cambio climático, da xardinería... e moitas actividades máis que se mencionan no programa de actividades que detallamos máis adiante.
OS OBXECTIVOS que se pretenden son os seguintes:
1-Coñecer, gozar e defender o noso contorno natural: flora, fauna e aspectos de xardinería, estendendo as posibilidades de uso ás actividades cotiáns.
2-Aprender a utilizar e dar unha segunda vida a materiais que son reutilizables.
3-Concienciar da necesidade de realizar reciclaxe.
4-Gozar do contorno e comprender a oferta lúdica que representa, ademais de fomentar o respecto mutuo e a convivencia no desenvolvemento das actividades.
5-Posibilitar un comportamento cotián acorde coa postura de defensa e recuperación do equilibrio ecolóxico.
6-Fomentar diversos xogos populares.
7-Coñecer a importancia da auga para a vida, a saúde e o desenvolvemento.
8-Concienciar do cambio climático.
9-Conciliar a vida familiar e a vida laboral.
10-Fomentar actitudes de compañeirismo entre os nenos e nenas que acoden á aula.
OBSERVACIÓNS
Todas as actividades poderán ser modificadas por causa externas e alleas á organización.
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n.
Dirixido: Nenos/as de 6 a 13 anos.
Grupos: No superior a 20 nenos/as.
Periodización: 18, 19, 20de abril
Horario: de 10:00 a 13:00 de luns a mercores.
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño.
Teléfono: 988510781 / 988388136.
Correo electrónico:aulanatureza@ourense.es
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
No hay comentarios:
Publicar un comentario