.Fins de semana de voluntariado ambiental en San Mamede. Apúntante xa!
Amigos da Terra anímavos a fomar parte activa da mellora dos nosos montes e a disfrutar dos encantos da montaña ourensá, a través do programa Voluntariado Ambiental en Espazos Naturais.
Un programa de formación e sensibilización en materia de patrimonio natural galego, que ten por obxecto promover o voluntariado a través de actividades de educación ambiental encamiñadas á conservación, recuperación, sostibilidade e divulgación dos valores de distintos espazos naturais de Galicia.
ACTIVIDADES A DESENVOLVER:
Revexetación dunha das balsas do filtro de depuración biolóxica
Creación de refuxios para anfibios e reptis
Restauración e recuperación ambiental de regueiros
Consolidación de pequenos taludes e recuperación da flora preexistente
Acondicionamento e creción dun bosque comestible
Actividades de identificación e conservación de rastros e sinais de fauna
Restauración dos prados pastizais naturais
Fabricación e colocación de comedeiros e caixas niño para aves e morcegos
Formación Xurídico Ambiental
Roteiros pola Serra
DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN NA SERRA DE SAN MAMEDE:
Abril: do 29 ao 1 maio.
Maio: do 13 ao 15.
Xuño: do 17 ao 19, e do 24 ao 26.
Cada quenda contará cun máximo de 25 persoas voluntarias.
As actividades e estancia desenvolveranse no entorno do Centro de Educación Ambiental As Corcerizas
O PROGRAMA INCLÚE:
- Aloxamento e pensión completa en albergue.
- Programa de actividades e equipo educativo
- Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
- O desprazamento ata o albergue será por conta dos participantes.
CONDICIÓNS XERAIS:
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias que teñan cumpridos os 18 anos no momento da súa participación.
Deberán levar os útiles de aseo persoal, toallas, chancletas para a ducha, roupa cómoda, roupa de abrigo e de auga, botas de montaña, calzado deportivo e lanterna. Obrigatorio levar saco de durmir.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse a través do formulario de inscrición da web, ou chamando ao Teléfono Solidario 900400800.
Este programa é un proxecto de educación ambiental multidisciplinar posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza; na Serra de San Mamede (Macizo Central Ourensán) e na Baixa Limia (Serra do Xurés)
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario