XIII Xornadas de Formación de Coordenadores/as de PR
O sábado día 30 de abril terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, (Vilagarcía de Arousa) as XIII Xornadas de formación de coordenadores/as do Proxecto Ríos. Logo de cumprir 5 anos de andaina, dende o Proxecto Ríos deseñouse un plano estratéxico para enfocar o traballo dos vindeiros anos. Un dos obxectivos que nos marcamos dende a coordinación do proxecto foi a elaboración participativa dun manual de custodia fluvial, para favorecer a adopción de ríos por parte do voluntariado do proxecto. As xornadas serán logo o foro no que presentarmos ao voluntariado do Proxecto Ríos a metodoloxía de traballo para elaborar o manual e desenvolveremos a primeira xornada participativa para o seu deseño.
O manual de custodia está pensado para vos polo que consideramos moi importantes as vosas suxestións. Por iso, animámosvos a participar neste curso de formación.
Para aqueles grupos que se incorporan de novo haberá actividades específicas de formación (emprego do indice IHF, QRISI; etc)
A sesión da tarde adicarémola como outros anos ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo.
PROGRAMA DAS XIII XORNADAS DE FORMACIÓN
11.00 -Chegada e entrega de material
11.15-Estado do Proxecto Ríos
11.30-A Custodia Fluvial
12.00 Dinámica participativa para a elaboración do Manual de Custodia Fluvial
12.00 Saída formativa para coordinadores de grupos novos (Indice IHF, QRISI, etc).
14.00 Xantar
15.30 Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados
19.00 Clausura do curso
Dado que hai un número limitado de plazas é preciso inscribirse, tanto por teléfono: 981.57.00.99 como a través do correo electrónico.( viqui@adega.info ).
A inscripción é gratuíta, só tedes que levar a comida.
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario